Destaca o interese da Empresa Colombiana de Petróleos e da Mariña por coñecer a capacidade instalada na Comunidade galega para a construción de barcos en ambos eidos.
No sector da automoción, salienta a disposición de establecer mecanismos de colaboración e de transferencia de pezas e de accesorios do automóbil
Ambos os dous mandatarios avaliaron tamén o sector da alimentación, tanto o referido á pesca e á conserva, como ó sector vitivinícola e ó sector da carne
O titular da Xunta analizou con Santos a capacidade do sector TIC galego, tanto dos libros dixitais e dos seus contidos como dos aplicativos que o Sergas ten funcionando de historia clínica única e de farmacia, e que o Goberno colombiano quere implementar para o conxunto do país