#Claves de la semana

FEIJÓO CONSTATA O INTERESE DO PRESIDENTE DE COLOMBIA NAS CAPACIDADES DO NAVAL, DA AUTOMOCIÓN E DA APLICACIÓN DAS TIC NA SANIDADE E NA EDUCACIÓN GALEGA

Destaca o interese da Empresa Colombiana de Petróleos e da Mariña por coñecer a capacidade instalada na Comunidade galega para a construción de barcos en ambos eidos.


No sector da automoción, salienta a disposición de establecer mecanismos de colaboración e de transferencia de pezas e de accesorios do automóbil


Ambos os dous mandatarios avaliaron tamén o sector da alimentación, tanto o referido á pesca e á conserva, como ó sector vitivinícola e ó sector da carne


O titular da Xunta analizou con Santos a capacidade do sector TIC galego, tanto dos libros dixitais e dos seus contidos como dos aplicativos que o Sergas ten funcionando de historia clínica única e de farmacia, e que o Goberno colombiano quere implementar para o conxunto do país



|

Feijoo Santos


Bogotá (Colombia), 18 febreiro de 2015.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe, durante unha reunión co presidente da República de Colombia, Juan Manuel Santos Calderón, o interese do país latinoamericano nas capacidades do naval, da automoción e da aplicación das TIC na sanidade e na educación galega.



“Durante a xuntanza falamos dos asuntos económicos nos que podemos colaborar Galicia e Colombia”, afirmou Feijóo, referíndose nun primeiro termo ao sector naval. E, nesta liña, destacou o interese da Empresa Colombiana de Petróleos e da Mariña por coñecer a capacidade instalada na Comunidade galega para a construción de barcos en ambos eidos.


“Relatámoslle ao presidente de Colombia o acordo que neste momento temos con Pemex, un contrato de 600 millóns que podemos replicar tamén para a industria do petróleo e a industria do gas no país; e quedamos, tal e como nos trasladou o presidente Santos, en ter un contacto coa administración da Mariña e coa industria do petróleo e do gas colombiana”, precisou o titular da Xunta.



Ao longo da reunión, ambos os dous mandatarios analizaron tamén o sector da automoción, “no que hai perspectivas importantes de investimento”, aseverou Feijóo.


Neste eido, e logo de lembrar a visita do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, á planta General Motors-Colmotores, Feijóo destacou a disposición de establecer  mecanismos de colaboración e de transferencia de pezas e de accesorios do automóbil. Non en van, Galicia é un dos territorios de España no que traballan máis de 102 empresas, con 12.000 traballadores, facendo pezas para as distintas marcas construtoras de vehículos no mundo, “desde marcas xaponesas como Toyota ou Nixan, ata europeas como Volkswagen, Audi ou PSA-Peugeot Citröen, entre outras”.


Ambos mandatarios avaliaron tamén o sector da alimentación, tanto o referido á pesca e á conserva, como ó sector vitivinícola e ó sector da carne –vacún, porco e ave-. “Establecemos contactos para que as economías do sector agroalimentario e industria-mar galego e colombiano poidamos concretar necesidades mutuas e ver tamén posibilidades de exportación do sector galego a Colombia”.



O turismo e as tecnoloxías foron outros asuntos tratados na xuntanza. “Falamos do turismo como unha das fontes de riqueza e, tamén, de tecnoloxía, tanto co ministro de Tecnoloxías da Información e Comunicación, que visitei esta mañá, como co presidente do país, con quen ampliamos a conversación”, aseverou.



Feijóo avaliou co presidente do país a capacidade do sector TIC galego e o obxectivo do Goberno colombiano de empregar a tecnoloxía como ferramenta para mellorar os servizos que presta o sector público, así como un recurso útil para mellorar a calidade educativa. “Falamos da industria da informática, das tecnoloxías da comunicación e da información, moi especialmente da informática educativa e da informática sanitaria. Tanto dos libros dixitais e dos seus contidos como dos aplicativos que temos funcionando de historia clínica única e de farmacia, aplicativos que no Servizo galego de Saúde están funcionando desde fai xa algúns anos e que o Goberno colombiano quere implementar para o conxunto do seu país”.



O responsable do Executivo galego concluíu a súa intervención cualificando o encontro de moi satisfactorio, “tanto pola atención como polas portas que abriron ao sector naval, ao sector agroalimentario, ao sector das tecnoloxías da información, ao sector do turismo e ao sector das enerxías renovables”. “Foi unha audiencia, a segunda que teño co presidente Santos, para concretar e consolidar a nosa relación en materia de exportacións que, nos últimos tres anos, creceron un 50% entre Galicia e Colombia e que estamos convencidos teñen un enorme percorrido para os próximos anos”.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE