Ao meu pai operárono dunha rotura na cadeira tras unha caída no Juan Canalejo de A Coruña, e tras asegurarme o cirurxián que o interveu que o mandaba a casa porque "todo fora moi ben", ao día seguinte recibín unha chamada dun familiar na que me anunciaba a súa "inesperada morte" entre bágoas de asombro e impotencia. A día de hoxe, aínda non conseguín falar co xenio causante de tal --para min-- "homicidio imprudente". Nin tampouco o hospital me deu unha explicación sobre o tema.