O grupo de investigación Bitraga, da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, constataron que, entre 1980 e 2014, traducíronse do galego a outros idiomas 1.540 títulos, mentres que algo máis de 3.000 obras noutros idiomas foron traducidas ao galego.
Editores galegos denuncian a "difícil" situación do sector e piden apoio e medidas ás administracións para contrarrestar os efectos que tivo neles a crise económica, pero tamén "o cambio nos hábitos de entretemento e a entrada do libro dixital".
O sector editorial galego participa estes días en Madrid na nova edición da feira internacional do libro Liber, onde os selos Kalandraka, MC Sports e Nova Galicia Edicións, xunto coa distribuidora Arnoia, contan cun stand propio para dar a coñecer o seu traballo e favorecer novas vías de negocio con outros axentes do sector.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou a partir do 2 de setembro as familias poderán solicitar as axudas á compra do material escolar, unha nova liña de apoio que lanza este ano a Xunta de Galicia co fin de facilitar ás galegas e galegos que máis o precisan o inicio do curso escolar.