Predicións meteorolóxicas para o sábado: nubes e claros e posibilidade de chuvascos pola tarde cara ao sur

|

Aínda que Galicia continuará durante o sábado baixo influencia anticiclónica, a chegada de aire frío nas capas altas da atmosfera dará lugar a certa inestabilidade.

Con esta situación, espéranse ceos con alternancia de nubes e claros, con chuvascos de carácter tormentoso que comezarán durante a tarde pola provincia de Ourense e, co avance da noite, iranse movendo cara ao norte.

Os ventos soprarán frouxos do nordés, moderados no litoral norte con intrevalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra. As temperaturas mínimas continuarán en ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos, ou con lixeiros descensos.

En concreto, por cidades, as máximas oscilarán entre os 32 graos de Ourense e os 26 de Lugo e Ferrol, mentres que as mínimas estarán entre os 13 graos de Lugo e os 21 de Vigo.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress