#Claves de la semana
I Semana Cultural Convergências Portugal/Galiza.

A Xunta achégase á lusofonía coa 1ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza, que se celebrará en Braga do 23 ao 28 de febreiro

A música e a literatura galegas chegarán a Braga da man de Uxía, Narf e Anxo Angueira coincidindo co 178º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro


Esta colaboración con Canto D’Aqui, co Municipio de Braga e coa Junta de Frêguesia de S. Vicente enmárcase nas accións de desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coa que a Xunta de Galicia promove as relacións cos países de fala portuguesa


|




feijoo cavaco

A Xunta comeza a súa aproximación á lusofonía, despois da visita do Presidente de Portugal a Galicia, o pasado dia 19  no que se asinou un convenio para a aprendizaxe do portugués, síguelle a celebración da 1ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza.Uxía, Narf e Anxo Angueira serán os embaixadores galegos neste encontro luso-galego que aproximará a figura de Rosalía de Castro aos veciños portugueses.


A Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coa que a Xunta de Galicia quere promover as relacións cos países de fala portuguesa, comeza a dar os seus froitos. Precisamente, a conta desta lei, e aproveitando o 178º aniversario de Rosalía de Castro, a Secretaría Xeral de Política Lingüística quere impulsar a súa aproximación coa lusofonía.


Será coa súa participación na 1ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza, no que colaboran, ademais da Xunta, o Grupo Canto D’Aqui, o Municipio de Braga e mais coa Junta de Frêguesia de S. Vicente. “Galicia estará representada no envento por tres grandes embaixadores da música, da cultura e da lingua galegas, da man dos que chegará a Braga a escritora máis internacional das nosas letras, Rosalía de Castro”, apuntou Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística na presentación do acto. E estes embaixadores serán os músicos Uxía e Narf e o escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.


A 1ª Semana Cultural Convergências Portugal/Galiza, que se celebrará en Braga do 23 ao 28 de febreiro, coincidindo coa semana do Día de Rosalía de Castro. Ademais de Uxía, Narf e Angueira tmén tomarán parte nas xornadas o director do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, Pedro Dono, e o profesor-lector de lingua, literatura e cultura galegas, Fernando Groba. Constula do programa.


Tras a entrada en vigor, en marzo de 2014, da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e dos vínculos coa lusofonía -a coñecida como Lei Paz-Andrade aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia, “a Xunta de Galicia contempla na súa axenda de traballo accións estratéxicas de promoción das relacións cos países de fala portuguesa”, apunta a Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Estas accións están destinadas a impulsar a proxección internacional do galego desde o ámbito lusófono e o achegamento á lingua e á cultura galegas desde os sete centros de estudos galegos cos que conta a Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia en Portugal (nas universidades do Algarve, do Minho e de Lisboa) e no Brasil (nas universidades de San Paulo, de Bahia, de Niterói e do Río de Xaneiro), respectivamente.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE