Futuro da actividade investigadora de cultivos mariños do Centro do Instituto español de Oceanografía da Coruña

O BNG pide que non cese a investigación de cultivos mariños no Instituto español de Oceanografía

|

O deputado do BNG, Francisco Jorquera formulou hoxe unha pregunta na Comisión de Pesca sobre o futuro da actividade investigadora de cultivos mariños do Centro do Instituto español de Oceanografía da Coruña ante a xubilación dos dous investigadores que a lideraban.


Para o deputado, a situación xerada no departamento de cultivos do centro do IEO responde á “desastrosa realidade da investigación en Galiza” e o desleixo total do Goberno central e da Xunta de Galiza, nesta materia.


Jorquera lembrou que durante corenta anos o IEO da Coruña realizou traballos de estudo da bioloxía do cultivo de diferentes especies de moluscos con intereses comercial como a ameixa, o mexillón, a vieira, a voandeira e zamburiña representando o único organismo estatal con capacidade para asesorar neste ámbito.


Por outra parte, salientou o “deterioro” das instalacións que impide manter os tanques dentro do edificio polo que foi necesario realizar o traballo “en ría” grazas á colaboración das confrarías de Lorbé, Aldán ou Cangas. Traballos, remarcou, que acadaron “importantes resultados”, tanto no eido científico como comercial.


Para o nacionalista, resulta imprescindíbel manter a liña de investigación sobre todo tendo en conta a importancia que ten en Galiza a actividade económica vencellada aos cultivos mariños.


Pola súa parte, o responsábel do Axencia Galega de Innovación,Miguel Antonio Varela Rey respondeu que os traballos de investigación do Centro da Coruña son asumidos polo Centro Oceanográfico de Vigo e non é competencia galega decidir o mantemento do centro coruñés.


O Goberno do Estado desentendese e a Xunta tamén

Tras a resposta do Goberno, Jorquera preguntou se no no caso de que dous dos máximos investigadores sobre o cancro tiveran que xubilarse cesaría a investigación como está acontecer no IEO. A resposta do Goberno central, afirmou, “foi un cachondeo” e agora vostedes seguen na mesma liña ao non considerar estratéxica esta investigación. Asemade retrucou que se o IEO da Coruña é competencia do Estado, a Xunta non pode permanecer de “espectadora” e argumentou que o IEO de Vigo traballa no eido dos moluscos, “non especificamente no dos pectínidos”, vieiras, voandeiras e zamburiñas.


Jorquera anunciou que ante a resposta “burocrática” do Goberno, o BNG seguirá presentando preguntas sobre o futuro do Instituto español de Oceanografía que depende do Estado pero está radicado en Galiza e que desenvolvía unha actividade investigadora cun importante retorno económico para o noso país.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress