#Claves de la semana

O PSdeG relanza a campaña ‘Que non nos toquen a lei’

O PSdeG relanza a campaña ‘Que non nos toquen a lei’ para evitar que o Partido Popular modifique a Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva de 2010


|


Os socialistas galegos impulsarán de novo a campaña Que non nos toquen a lei, promovida polo PSdeG cando se coñeceu a intención do Partido Popular de modificar a Lei de 2010 de Saúde Sexual, Reprodutiva e da IVE


O PP leva ao pleno do Congreso de mañá a modificación do artigo 13.4 da norma, a que regula este dereito para as mulleres de16 e 17 anos, e dun artigo da Lei de Autonomía do Paciente de 2002, no relativo tamén a menores de idade e aborto.

A secretaria de Igualdade do PSdeG, Eva Martínez, asegura que esta campaña, que se desenvolveu en redes e coa entrega por parte de Xuventudes Socialistas de Galicia de folletos informativos, estará presente “aínda con máis forza” estes días, xunto con accións contundentes que se irán levando a cabo a partires da vindeira semana.


“Seguiremos insistindo se finalmente o Partido Popular segue adiante coa súa teima de controlar e tutelar a vida das mulleres, neste caso as máis novas, e o que máis grave, expoñelas a abortos clandestinos e desprotexelas en situacións de extrema gravidade”, asegurou Martínez, que engadiu que “non pararemos ata conseguir que tanto este artigo como o da Lei de Autonomía do Paciente queden como están agora”.


Como destacou, esta modificación afectará ás mulleres que se atopan nunha situación máis vulnerable, posto que o artigo 13.4 unicamente exime de ter que informar a pais/nais/titores a aquelas con violencia intrafamiliar ou desarraigo e desamparo. Isto é, un 0,4% do total.


“Venden manipulando a realidade xurídica unha reforma que afectará, por exemplo en Galicia, a unha media de 10 mulleres ao ano, mulleres ás que deixan desprotexidas e que expoñen a novas situacións de violencia ou a poñer en risco a súa vida nun aborto clandestino”, afirma.


O que tería que facer o PP é desenvolver e garantir o cumprimento na súa totalidade da lei de 2010; unha lei que contempla a prevención e a educación sexual como ferramenta fundamental para evitar embarazos non desexados”, destacou Martínez.


PREMIOS DE IGUALDADE


A presidenta do PSOE, Micaela Navarro, estará mañá presente nos actos que a Secretaría de Igualdade ten organizados para a entrega dos Premios de Igualdade María Vázquez, que inclúen unha homenaxe en Miño á que fora fundadora desa agrupación, mestra na República, activista feminista e de UXT.


Vázquez foi violada e asasinada na praia de Miño en agosto de 1936 polos falanxistas e neste mesmo lugar, ás 12.00 horas, a comitiva encabezada pola presidenta socialista levará a cabo unha ofrenda floral á que tamén asistirá o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.


Xa pola tarde, ás 19.00 horas, o centro sociocultural de Fontiñas acollerá o acto de entrega dos premios, nesta primeira edición cun recoñecemento ás mulleres socialistas, especialmente ás “anónimas”. Neste acto, ademais de Micaela Navarro, estarán, entre outros responsables do partido, Besteiro e a secretaria de Organización

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE