#Claves de la semana
Esixiulle ao conselleiro “que pida desculpas” pola caótica implantación da FP Básica

Sete meses sen ver un euro para implantar a FP Básica

Vicente Docasar considera “un despropósito” ter implantado esa nova modalidade de ensino duplicando o número de alumnos por aula, sen orzamento nin equipamentos didácticos.


|

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, denunciou hoxe a “precipitada, caótica e trapalleira ” implantación da FP básica en Galicia, en substitución dos antigos PCPI. Docasar presentou unha pregunta no Parlamento na que denunciou que despois de sete meses dende o inicio do curso escolar os centros educativos aínda non recibiran “un só euro” para implantar esa nova modalidade educativa.


O responsable socialista criticou a “falta de seriedade” demostrada polo goberno galego ao pretender cambiar toda unha modalidade de ensino e querer facelo “con financiamento cero e sen dotar ao centros de novos equipamentos didácticos”.

Estes centros recibiron a información sobre a FP Básica “tarde, mal e arrastro ”, polo “seguidismo servil que fixo o goberno galego das políticas do ministro de Educación, Sr. Wert”.


A FP básica, que vén substituír aos PCPI, duplicou o número de alumnos por aula, pasando de 10 ata os 20, nunha clara demostración de política “ improvisada, caótica e e trapalleira” e agora sabemos tamén que “low cost”.


Considera Vicente Docasar “un auténtico despropósito” levar adiante a implantación desta modalidade de ensino “coa premura e improvisación” que se fixo , e cualificou de “insensatez” que o goberno galego “pretenda dar unha boa atención a este tipo de alumnado con 20 alumnos por aula”.


O deputado socialista levou ao Pleno a situación “dun veterano director de instituto” quen, en representación dos centros educativos de Galicia “pregúntalle si lle parece normal que logo de sete meses dende o comezo do curso escolar non teñan recibido un só euro para financiar esta nova modalidade de ensino”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE