INTENSIFICARASE A VIXILANCIA POLICIAS ESTE VERAO EN GALICIA

"Galicia é segura e a xente séntese segura", afirma o delegado do Goberno

Santiago Villanueva sinala que Interior traballa para que a comunidade deixe de ser punto de entrada da droga en España


|


2007201.jpg

3 de Maio de 2015:- Santiago de Compostela

"Galicia é segura e a xente séntese segura", afirma o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva. O máximo representante da Administración central na comunidade fixo estas declaracións nunha entrevista ofrecida este domingo pola Radio Galega.


Preguntado polos índices de criminalidade na comunidade, sostén que "Galicia é segura e a xente séntese segura" nela, con taxas de delitos "baixas", ao redor dun 28 %, o que supón dezaseis puntos menos que a media nacional, precisa.


Neste contexto e ante a chegada do verán, sinala que se intensificará a vixilancia nas cidades para evitar que se repitan as ondas de roubos como ocorreu o ano pasado na Coruña.


"Ante esa situación ou calquera que se sae da normalidade en determinada cidade, os Corpos de Seguridade establecen mecanismos de defensa que pasan por medidas de carácter preventivo e maior presenza policial", argumenta o delegado do Goberno, que non ten datos que lle permitan confirmar a existencia de bandas organizadas que cometan este tipo de delitos, precisa.


O delegado do Goberno en Galicia tamén asegurou que tanto a Administración como as forzas e corpos de seguridade do Estado traballan en evitar que Galicia siga sendo "punto de entrada" de droga ou de "paso previo" ao resto de España.


Nesa entrevista, Villanueva destaca a "maior efectividade" e "resultados espectaculares" logrados polos efectivos policiais xa non só na comunidade galega, senón en colaboración con outros países europeos como Portugal, Francia ou Italia.


Tras explicar que están a aparecer novas fórmulas para introducir droga no país, por exemplo en colectores, Villanueva advirte de que "Galicia neste momento é punto de entrada" pero 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE