NOVO HOSPITAL DE VIGO, CON UN RETRASO DE 15 MESES

Os socialistas esixen á Xunta que aclare si contratará un laboratorio sanitario privado en Vigo

“digan o que digan o construíron a través dunha concesión público – privada por 70 millóns de euros ao ano durante 20 anos –un total de 1.400 millóns de euros-”. Abel Losada


|


O deputado socialista Abel Losada esixiulle hoxe á Xunta que explique “si vai contratar a un laboratorio privado” tódalas analíticas do novo hospital tamén privado de Vigo. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento logo de constatar a anulación do concurso para equipar o laboratorio por parte da Consellería de Facenda.


Losada dixo que as únicas explicacións posibles para esta decisión son ou ben a contratación de novo dun servizo privado ou ben que “están a mentir coa data de traslado ao novo hospital”. O deputado vigués reclamoulle tamén ao goberno galego que explique as palabras do novo xerente do centro vigués admitindo “incertidumes nas datas do inicio das cirurxías” no novo hospital, incrementando a lista de espera.


Diante da polémica sobre a condición privada do novo hospital, explicou que “digan o que digan o construíron a través dunha concesión público – privada por 70 millóns de euros ao ano durante 20 anos –un total de 1.400 millóns de euros-”.


Esta contía supera notablemente, explicou, os 350 millóns de euros orzamentados orixinalmente para un centro cen por cen público, que “hoxe figura como inmobilizado material na contabilidade da Sociedade Operadora Hospital de Vigo, S.A., unha sociedade anónima á que comezaron concedéndolle cero penalización por un retraso de 15 meses na obra”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE