#Claves de la semana
POR PREVARICACIÓN

A fiscalía pide procesar a deputada do PP, en Carnota, Marisol Piñeiro

O Ministerio Público aprecia que non se cumpriu "ningún trámite procedimental legal" para contratar unha muller no Concello de Carnota


|

fotonoticia_20150509150447_2601.jpg

A Fiscalía Superior de Galicia considera que existen "elementos abondos" para procesar a deputada autonómica do PP Marisol Piñeiro por prevaricación en relación a un suposto enchufe durante a súa etapa como tenente de alcalde do municipio coruñés de Carnota.


"O procesamento, de modo resumido, habería de concretarse nos feitos relativos á contratación sen ningún tipo de formalidade nin axuste á legalidade", sostén o Ministerio Público no seu escrito para pedir que se dite auto de procesamento contra ela.

Entrando en detalle, indica que a persoa supostamente enchufada foi contratada en 2007 como administrativa e, tras dúas prórrogas, foi contratada de modo indefinido en 2010 como técnico xurídico urbanístico "sen cumprir ningún trámite procedimental legal".


Xunto con Marisol Piñeiro, o fiscal reclama que tamén se procese a quen era entón alcalde de Carnota, o popular José Oreiro, por asinar as sucesivas prórrogas do contrato e por dar "instrucións precisas" para levar a cabo a contratación desa muller.


Así mesmo, a petición de procesamento esténdea Fiscalía ao secretario municipal, quen "asesorou" os dous representantes políticos sobre o citado contrato e interveu "de modo directo e necesario na constitución da relación xurídica ilegal".

Por todo iso, tras subliñar que os feitos relatados son "constitutivos dun delito de prevaricación", considerou que Piñeiro e Oreiro son "autores" do delito e o secretario municipal, "cooperador necesario".

FIANZA

Neste escenario, o fiscal engade no seu escrito a conveniencia de que se impoñan medidas preventivas "para atender as responsabilidades civís derivadas do procedemento".


Así, para o exalcalde e o extenente de alcalde, propón fianzas de 10.000 euros, mentres que a do funcionario local se limita a 6.000 euros. E, en caso de que non as satisfagan, pide que se proceda "ao embargo" de bens abondos para a súa cobertura.

DENDE OUTUBRO DE 2010


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) asumiu a competencia para investigar o caso da deputada, dada a súa condición de aforada, a principios do pasado mes de outubro. Fiscalía pide procesar a deputada do PP Marisol Piñeiro


Por iso, a causa foi remitida dende o xulgado de primeira instancia e instrución número 1 de Muros, que analizaba o despedimento por parte do actual goberno municipal -- encabezado por Ramón Noceda (BNG)-- da traballadora en cuestión, asunto que foi denunciado pola dirixente popular.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE