#Claves de la semana
ALCADIA DE OURENSE

Besteiro advirte de que “o candidato do PP en Ourense non será capaz de opoñerse ao que lle digan desde a Xunta,


|


O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Ourense que o PP presenta un candidato na cidade, Jesús Vázquez, “que forma parte das persoas próximas a Feijóo, polo que non será capaz de opoñerse ao que lle digan desde a Xunta”.


“Os socialistas apostamos pola autonomía municipal e apelamos ao voto progresista para continuar a axenda do cambio iniciada nesta cidade no ano 2007”, afirmou o líder dos socialistas galegos, que compareceu en Ourense antes os medios de comunicación xunto ao candidato á alcaldía do PSdeG, José Ángel Vázquez Barquero.


“Non se pode fiar un do PP, un partido que é enemigo do público, e os cidadáns teñen que lembrar como estaba Ourense antes do PSdeG; agora presentamos unha candidatura que ofrece solvencia económica e legalidade urbanística, algo que non había antes de 2007”, apuntou Besteiro.


O secretario xeral do PSdeG lamentou que “o Partido popular pida debates e despois o candidato en Ourense non se presente ao debate co resto das forzas políticas”. “A dereita é una opción menor e conservadora, a súa falta de compromiso é evidente”, aseverou.


“O que facemos os socialistas nos concellos onde gobernamos é controlar as finanzas públicas, xestionamos ben os cartos dos cidadáns e os nosos candidatos non son meros delegados da Xunta, teñen independencia para pensar na súa cidade”, engadiu.


Pola súa parte, Barquero manifestou que “temos o obxectivo claro de que a nosa candidatura sexa gañadora, queremos renovar o pacto cos cidadáns, ofrecemos un goberno de progreso e aspiramos á maioría absoluta o próximo 24 de maio”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE