TRABALLO PARA O NAVAL

Navantia asina un acordo para a construción de catro petroleiros na ría de Ferrol e Cádiz

|

A empresa naval pública Navantia asinou co armador Ondimar Transportes Marítimos LDA, sociedade navieira do Grupo Ibaizabal, un acordo que establece as bases do contrato de construción de catro petroleiros tipo Suezmax, ampliable a outros dous, a prezos "internacionais" para este tipo de buques, nos seus estaleiros de Ría de Ferrol e Cádiz.


A construción de cada barco suporá unhas 725.000 horas de traballo, estimándose polo tanto que para estas catro unidades xa comprometidas serán necesarias unhas tres millóns de horas de traballo. Navantia tamén adiantou que as construcións destas unidades realizarase nos estaleiros da ría de Ferrol e da baía de Cádiz, sen especificar a carga específica para cada centro de traballo.

Segundo explicou Navantia, a sinatura do contrato realizarase durante o próximo mes de xuño e o inicio da construción dos barcos terá lugar no último trimestre deste ano 2015, cun prazo de execución de 21 meses.

No documento xa rubricado entre as partes recóllense as especificacións dos barcos, os prazos de construción de cada unidade e tamén os prazos e formas de pagamento.

Previamente, o pasado 9 de marzo, asinárase unha carta de intencións anunciando ambas as dúas partes o haber alcanzar un acordo para a construción destes barcos, tanto nas súas especificacións técnicas coma no prezo.


NOVO MODELO DE CONTRATACIÓNsuezmax02.jpg


A empresa naval publica, propiedade ao 100 por cento da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), asegurou que se apostou "por un cambio no modelo de negocio na execución destes proxectos".

Engade que se basea nun acordo cun estaleiro asiático "líder mundial na construción destes barcos" para utilizar o seu deseño e que sexa o principal subministrador da maior parte de materiais e equipos, aínda que sempre dando oportunidade e prioridade ás empresas nacionais que ofrezan prezos competitivos.

Este tipo de barcos denomínase 'Suezmax' porque as súas dimensións lles permiten navegar pola Canle de Suez. As novas unidades contarán cunha eslora de 274 metros, unha manga de 48 metros e empregarase na súa construción 20.144 toneladas de aceiro. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress