#Claves de la semana
VIGO

Vence insta a votar o 24M para darlle forza “a quen sempre te defende e non arrepentirnos o 25"

Quen sinta Galiza votará BNG-Asembleas Abertas.


Marca diferenzas con outras opcións: demostramos que sabemos transformar onde gobernamos e somos alternativa para toda a cidadanía



|

Nun escenario no que a porcentaxe de indecis@s está no 30%, o portavoz nacional, Xavier Vence, fixo un chamamento “á participación activa” o 24 de maio e pediu o apoio para un BNG-Asembleas Abertas “que sempre te defende” para evitar “arrepentirse” tras a noite electoral.


“Temos que participar activamente o 24 de maio e apoiar un proxecto de transformación e de capacidade contrastada de goberno como é BNG-Asembleas Abertas, para darlle forza a quen sempre estivo ao lado da xente, por un proxecto fiable e seguro, na convicción de que apostando por ese proxecto o 25 non nos arrepentiremos”, pediu Vence desde Vigo, nun acto co candidato nacionalista na cidade olívica, Serafín Otero.


O dirixente nacionalista instou a “pasar a páxina negra de gobernos de recortes e corrupción” optando por “gobernos de transformación por todo o país” que representa BNG-Asembleas Abertas, subliñando dúas diferenzas con outras opcións: demostrou que sabe facer esa transformación onde goberna, e presenta unha alternativa para todo o país, non só nun puñado de cidades.


Por iso, “é moi importante aproveitar o 24M para dar un paso adiante e apoiar unha estratexia de transformación do país desde os concellos, non desaproveitar a oportunidade de que resultados inesperados podan deixar insatisfeitos a quen está desconforme coa política que se aplica desde arriba, tamén a nivel municipal”, alegou.

Vence insistiu no “dobre valor” do voto BNG-Asembleas Aberta que, dixo, “entende perfectamente” o electorado que xa ten dado o seu apoio ao proxecto nacionalista.


“O voto ao BNG non é para unha soa cidade, é unha opción para toda a cidadanía galega, unha alternativa para construír país desde os concellos. Todos e todas as que comparten a importancia de ter forzas políticas propias, de pensar Galiza como un todo, entende que é importante conseguir que BNG-Asembleas Abertas teñan unha representación forte”, explicou.


“De aí o dobre valor do voto a BNG-Asembleas Abertas, para derrotar ao PP e para construír país desde os concellos”, concluíu.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE