NIGRAN (PONTEVEDRA)

Feijóo invita aos votantes do PSOE a apostar polos proxectos que propón o PP

Nun mitin en Nigrán, aposta por unha "gran coalición" entre os electores populares e socialistas "que rexeitan entregarlle os gobernos ás mareas"


|

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo este martes "unha gran coalición" aos votantes do PSOE que rexeitan "entregarlles os gobernos ás mareas" e que prefiren "seguir avanzando desde a unidade e a moderación" e non desde "os extremismos e a ruptura".


En vista de que o PSOE "vai facer unha coalición con Podemos", argumentou Feijóo nun mitin en Nigrán, propuxo "unha coalición distinta: entre os votantes do PP e do PSOE que rexeitan entregarlle os gobernos ás mareas".O presidente da Xunta dirixiu a súa mensaxe a eses votantes socialistas "que queren que cando se fagan as cousas mal, se rectifique, cando temos xente no PP e o PSOE que non fan as cousas correctamente, apárteselles".

Abundou en que "fomos ambos", populares e socialistas, "os que fixemos as grandes cousas na historia de España", como na Transición ou na redacción da Constitución e do Estatuto de Autonomía, constituíndo "a guía de convivencia unida que quixo a maioría e que as minorías rexeitan".

Feijóo criticou a decisión do PSOE de "pactar con calquera que non sexa o PP" e de converterse nun grupo que "vai deixarse facer por Podemos ou vai deixar facer a Podemos nos gobernos", o que explica que "cada vez máis votantes se lle vaian directamente" á formación de Pablo Iglesias.

Ante este panorama, o líder dos populares galegos invitou aos socialistas "que non votarán porque non queren entregar a súa papeleta a Podemos" a que se decanten polo centro" eaposten polos "proxectos" e os gobernos "para todos" que propón o seu partido.

Feijóo fixo fincapé en que o 24-M haberá "moitas papeletas" pero só "dúas opcións de goberno: a división, a dispersión de forzas, o fraccionamento, a ausencia de liderado e de proxecto, ou unha maioría ampla" que dea estabilidade ás institucións.

No primeiro dos casos, advertiu, estar a alimentar "o ego e a arrogancia" de quen acoden a Galicia "a insultar" á súa xente.

Feijóo subliñou que o PP quere concellos "gobernados con iniciativa e ilusión cada día dos catro anos e non gobernados catro anos coma se dese igual estar aí gobernado catro que corenta".

Mentres que "para algúns é máis valioso ter o apoio na sede doutro partido", para os populares, gobernen ou non, "a honra é obter o apoio da xente", pechou. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE