La única newsletter de sanidad de Galicia
Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado
Baixaron no peso, nun 24,11%, e na construción, nun 10,04%
O total dos accidentes en xornada laboral rexistrados en Galicia en abril aumentou nun 4,90%. Neste mes rexistráronse 1.947 fronte aos 1.856 acontecidos no mesmo mes do ano anterior.
Del total dos accidentes, 1.910 foron leves, 26 graves e 11 mortais, segundo informou a Consellería de Traballo e Benestar nun comunicado.
Por sectores, descenderon os accidentes na pesca nun 24,11%, na construción nun 10,04%, e na agricultura nun 1,12%. Pola súa banda, incrementáronse nun 6,61% nos servizos, e nun 16,63% na industria.
Para ter unha visión precisa da evolución da sinestralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.
O índice de incidencia do total de accidentes en xornada laboral en Galicia aumentou un 2,44% en abril deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Houbo subas na agricultura (+0,38%), nos servizos (+3,51%) e na industria (+15,35%). As diminucións foron na construción ( -13,85%) e na pesca (21,25%).
Ademais, a sinestralidade laboral aumentou un 4,34 nos primeiros catro meses do ano, cun total de 7.792 accidentes laborais fronte aos 7.468 no mesmo período do ano 2014.
Este incremento dos accidentes non se produciu en todas as provincias. Houbo un aumento do 13,45% en Pontevedra e do 0,34% na Coruña. En Lugo diminuíu nun 0,49% e en Ourense nun 0,51%.
Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado