#Claves de la semana
PARLAMENTO DE GALICIA

Romeu reclámalle ao goberno que dea conta da actuación de Dositeo Rodríguez, o actual conselleiro de Facenda e o ex conselleiro de Cultura na Fundación Cela en 2010

Os socialistas levarán ao próximo Pleno do Parlamento a proposta de reforma do Regulamento da Cámara para mellorar a súa transparencia. 


|

Santiago de Compostela, 03 de xuño de 15. O Grupo Socialista ven de presentar a solicitude de comparecencia dos conselleiros de Facenda e Cultura para explicar a relación da Xunta coa imputación polos presuntos delitos de malversación, estafa e apropiación indebida contra o ex conselleiro de Presidencia e actual conselleiro do Consello de Contas, Dositeo Rodríguez, como membro do Padroado da Fundación Camilo José Cela en 2010. Tamén reclaman a comparecencia do conselleiro maior do Consello de Contas para dar conta da situación do ente fiscalizador logo de coñecer esta decisión xudicial.



José Luis Méndez Romeu, presentou ademais unha pregunta oral na que critica que “ata hoxe, nin a Xunta nin o Consello de Contas teñen expresado opinión sobre un feito preocupante”. Este caso, puntualiza, afecta a unha persoa que “ten a responsabilidade de fiscalizar as contas do sector público galego, tamén da devandita Fundación”.



A persoa imputada “tería tomado decisións a medio dunha empregada da entidade que resulta ser a filla”, co que “xurde unha tripla papel desa persoa, como patrón, pai e fiscalizador que pon en cuestión a súa presunta independencia de criterio”. Engade que Rodríguez conta “cunha longa traxectoria política desa persoa no Parlamento, na Xunta, no Concello de Santiago e na Deputación Provincial que engaden representatividade política ao nomeamento”.


O responsable socialista reclama unha valoración do goberno galego sobre si “se ten producido conflito de intereses coas funcións que desempeña o imputado no Consello de Contas”.


Conselleiros de Facenda e Cultura



Os socialistas galegos sinalan que a Fundación é un ente de carácter público dende o ano 2012 do que o goberno galego ten que render contas, máxime cando “segundo os medios de comunicación a resolución xudicial revela que, entre outros, a instrutora investiga tamén o papel que neste tema tiveron o actual conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, entón secretario xeral de Presidencia, e o ex conselleiro de Cultura, Roberto Varela".



A entidade está a ser investigada por un delito de malversación, estafa e apropiación indebida, un proceso no que a xuíza decidiu imputar ao ex conselleiro da Xunta e actual membro do Consello de Contas Dositeo Rodríguez pola súa vinculación co despedimento do que fora director xerente desta entidade, Tomás Cavanna.



A instrutora considera que o dito despedimento fora “simulado e pagado con fondos públicos, sen consentimento das administracións que financiaban a entidade”. No mes de xullo de 2010, a Xunta incrementou o importe do convenio coa Fundación para cubrir un plan de viabilidade incluíndo a dita indemnización, que a xuíz considera que foi simulada baseándose nus correos electrónicos nos que estarían Dositeo Rodríguez e a súa filla, daquela subdirectora da Fundación.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE