ILLAS CIES (PONTEVEDRA)

Un investigador galego descobre unha nova especie de cogomelo nas Illas Cíes

|

cogomelcies.jpg

                                              O fungo 'Marasmiellus Ciesianus' 


Praia de Rodas, Illas Cies (foto: Antón Alonso)


O investigador Jaime B. Branco Deus descubriu unha nova especie de cogomelo denominado como 'Marasmiellus Ciesianus' na praia de Rodas das Illas Cíes.


O científico pontevedrés Jaime B. Blanco Deus publicará na revista especializada Mycosphere este mesmo ano a descrición da especie descuberta, que pertence aos saprófitos, familia que desenvolve o seu ciclo de vida sobre materia orgánica inerte, segundo informou a Xunta nun comunicado.


O cogomelo atopado, 'marasmiellus ciesianus', madura a finais de outono e a principio de inverno enriba dunhas ramas mortas de 'Helichrysum picardii var. virescens', un planta que é característica das dunas galegas.


Na praia de Rodas, tamén se descubriron especies pouco comúns como a 'Campanella caesia Romagn' ou 'Marasmiellus mesosporus Singer'. Alí, deuse un dos descubrimentos máis importantes nestes últimos anos, a planta endémica 'Ornithopus x ciesianus'. Tamén habitan fungos que non son comúns en Galicia, pero si son típicos de ecosistemas dunares. 


Por último, cabe destacar o labor do indagador natural de Pontevedra: Jaime B. Blanco, o cal foi galardonado recentemente co premio Cidade de Pontevedra 2014 na modalidade de persoas físicas.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress