COMISION DE ECONOMIA PARLAMENTO GALEGO

Competencia ten abertos catro expedientes por pactos ilícitos na contratación pública

|

Francisco Hernández, presidente do Consello Galego da Compotencia

 

Consello Galego da Competencia ten abertos a día de hoxe catro expedientes por colusión -pactos ilícitos en dano da administración- na contratación pública, un deles “incoado e moi avanzado”, segundo revelou o presidente do organismo, Francisco Hernández, este xoves na comisión de economía do Parlamento.


Nunha comparecencia a petición propia para dar conta da memoria do Consello e adiantar a súa actividade futura, Hernández apuntou ao sector eléctrico como próximo branco dun dos seus informes, que estudará as queixas dos consumidores galegos relativas a distribuidores e comercializadores neste ámbito.


Ademais, no terreo agroalimentario, Hernández asegurou estar nunha “boa situación”, pola experiencia solicitada nos últimos anos, para elaborar agora un documento que expoña “solucións concretas” para os produtores, pola súa baixa capacidade negociadora respecto ao resto de elos da cadea e no actual escenario sen cotas.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress