#Claves de la semana
GALICIA ONDE MENOS MDROU DE TODAS AUTONOMIAS

Galicia foi a comunidade na que menos medrou o emprego no sector servizos

A facturación do sector servizos medrou un 2% en abril en Galicia respecto ao mesmo mes de 2014, mentres que o emprego aumentou un 1% no mesmo período, o menor crecemento entre todas as autonomías.


|

A facturación do sector servizos medrou un 2% en abril en Galicia respecto ao mesmo mes de 2014, mentres que o emprego aumentou un 1% no mesmo período, o menor crecemento entre todas as autonomías. Deste xeito, Galicia acumula máis dun ano de aumento nas vendas do sector servizos (o último dato negativo interanual é de febreiro de 2014), aínda que o seu aumento de abril (+2%) en menos da metade da media estatal (+4,1%).


Ademais, é só o terceiro incremento das autonomías, só por encima de Castela e León (0,3%) e Aragón (0,6%), mentres que País Vasco tamén se sitúa cun 2% de alza.


No que vai de ano, a facturación do sector servizos en Galicia increméntase un 3,5%, mentres a media en España é máis elevada, do 4,1%, segundo os datos feitos públicos este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).


Respecto da ocupación no sector, en abril houbo un aumento no emprego do 1,2% fronte a marzo, mesma taxa que no Estado, pero o incremento interanual do 1% está por baixo da media (+2%). Tamén os datos do que vai de ano na Comunidade, do 0,8%, son inferiores ao 1,8% de aumento en España.


DATOS ESTATAIS


O sector servizos rexistrou en España un aumento da súa facturación do 4,1% o pasado mes de abril en relación ao mesmo mes de 2014, segundo datos provisionais publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).


Esta taxa, coa que os servizos encadean xa 20 meses de ascensos, é 2,8 puntos inferior á de marzo, cando as vendas repuntaron un 6,9% en taxa interanual, a súa taxa máis alta en cinco anos.


Corrixidos os efectos estacionais e de calendario, a facturación dos servizos rexistrou o pasado mes de abril un avance interanual do 3,8%, fronte ao incremento do 5,8% experimentado en marzo.


Os datos do INE reflicten que o emprego no sector servizos aumentou no cuarto mes do ano un 2% en taxa interanual, unha décima menos que en marzo. Con este repunte, o sector suma xa doce meses consecutivos de crecemento interanual da ocupación despois de case tres anos de caídas.


En termos mensuais (abril sobre marzo) e eliminado o efecto de calendario e a estacionalidade, a facturación do sector servizos medrou un 0,2%, fronte ao repunte do 1,2% experimentado en marzo e o ascenso do 2,2% dun ano antes.


SOBE A FACTURACIÓN DO COMERCIO E DISPÁRASE A VENDA DE VEHÍCULOS


O comercio presentou o pasado mes de abril un aumento interanual da súa facturación do 4,6%, mentres que os outros servizos rexistraron un repunte do 3,3%.


O aumento da facturación do comercio debeuse principalmente ao incremento nun 15,4% da cifra de negocios da venda e reparación de vehículos e motocicletas, que é a actividade que máis sobe, seguida do comercio por xunto (+4,7%) e o comercio polo miúdo (+1,2%).


Dentro dos outros servizos, as vendas aumentaron en todos os sectores. As actividades administrativas e servizos auxiliares rexistraron o maior repunte da facturación (+4,1%), seguido de transporte e almacenamento e hostalaría (+3,8%), actividades profesionais (+3,2%) e información e comunicacións (+1,9%).


En canto á ocupación, o emprego no sector servizos rexistrou o pasado mes de abril un crecemento interanual do 2% grazas, sobre todo, aos avances da ocupación nas actividades administrativas (+5,5%), información e comunicacións (+2,4%) e transporte e almacenamento (+1,9%).


En taxa mensual, o emprego nos servizos subiu un 1,2%, cun incremento do 0,5% para o comercio e un avance do 1,8% para os outros servizos.


TODAS AS COMUNIDADES ELEVAN VENDAS E EMPREGO


O pasado mes de abril, todas as comunidades autónomas presentaron unha evolución positiva da cifra de negocios do sector servizos. Os aumentos máis importantes rexistráronse en Madrid (+5,6%), Cataluña (+5,5%) e Estremadura (+5%), e os menores, en Castela e León (+0,3%) e Aragón (+0,6%).


En canto ao emprego, todas as comunidades presentaron no cuarto mes do ano taxas interanuais positivas respecto ao mesmo mes de 2014. Navarra e A Rioxa foron as rexións onde máis aumentou a ocupación, con taxas do 3,7% e do 3,6%, respectivamente. As que menos emprego crearon foron Galicia e Castela e León, con 

Última hora

1 Comentarios

1

Desde mi punto de vista, estos dos indicadores que mutesran altos dinamismos (de dos y tres veces el del PIB) este1n relacionados entre sed (como lo sef1ala la nota): el crecimiento de la construccif3n, la oferta de viviendas-oficinas, y la demanda de cre9dito; la oferta de cre9dito la prove9e la inversif3n extranjera que busca refugio ante las condiciones adversas en las economedas centrales. Esta situacif3n puede determinar el inflado de una burbuja inmoviliaria, particularmente por la naturaleza de ese capital extranjero, que busca altas tasas de ganancia en plazos cortos . Para evitar un despliegue de la situacif3n por esa veda nefasta, es muy importante que el Banco Central en coadyuvancia con los bancos estatales, tome medidas para cernir esa inversif3n extranjera de manera de dejar entrar fanicamente aquella realmente productiva y no especulativa. Parece pues cenveniente revisar y condicionar la Cuenta de Capitales para evitar el ingreso de capitales especulativos y, por el contrario, atraer y favorecer el ingreso de capital propiamente productivo.

escrito por Nana 27/jul/15    01:24

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE