#Claves de la semana
ENTRE OS MÁIS BAIXOS DE ESPAÑA

Os salarios en Galicia creceron un 2,2% en 2013 e diminuíu a brecha entre homes e mulleres

O salario bruto medio anual en Galicia en 2013 foi de 19.824,66 euros, o que supón un incremento do 2,2% respecto ao ano 2012, a terceira cifra máis baixa do Estado, só por enriba de Canarias (19.167 euros) e Extremadura (19.129 euros).


|

O salario bruto medio anual en Galicia en 2013 foi de 19.824,66 euros, o que supón un incremento do 2,2% respecto ao ano 2012, a terceira cifra máis baixa do Estado, só por enriba de Canarias (19.167 euros) e Extremadura (19.129 euros).


Así se recolle na Enquisa Anual de Estrutura Salarial que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE), onde se recolle que a brecha salarial por sexos en Galicia diminúe, xa que mentres os salarios dos homes creceron un 2,1% en 2013 respecto ao ano anterior, no caso das mulleres este incremento é máis acusado, do 3,2%

Deste modo, os galegos (22.522,55 euros) tiveron en 2013 de media un salario 5.264,21 euros maior que as galegas (17.258,21 euros), mentres no Estado os salarios dos homes se mantiveron estables e os das mulleres decreceron un 0,1%.

Por Comunidades Autónomas, no ano 2013 os salarios brutos máis elevados corresponderon á Comunidade Autónoma Vasca, un 18,6% máis que o salario bruto medio de España; Comunidade de Madrid (15,5%), Cataluña (6,9%) e Navarra, que se sitúa en cuarta posición cun 5% por enriba da media nacional.

Estas catro comunidades presentaron unha ganancia media anual superior á media nacional, segundo os datos da enquisa anual de estrutura salarial elaborada polo Instituto de Estatística de Navarra.

Atendendo ao crecemento anual da ganancia, Galicia, País Vasco e La Rioja tiveron os maiores aumentos. Extremadura, Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia presentaron os maiores descensos.
DATOS NACIONAIS

A nivel nacional, o soldo medio anual dos traballadores con contratos temporais foi un 36,6% inferior ao dos contratados de xeito indefinido durante o ano 2013 e o soldo anual máis habitual roldou os 15.500 euros.

En concreto, os traballadores temporais gañaron unha media de 15.433,14 euros anuais en 2013, un 2,9% menos que en 2012, fronte aos 24.333,43 euros dos contratos indefinidos (+0,2%). En comparación cos datos de 2012, a brecha salarial entre temporais e indefinidos aumentou máis de dous puntos, dende o 34,5% ao 36,6%.

Segundo Estatística, o salario medio anual por traballador baixou un 0,1% en 2013, ata situarse en 22.697,86 euros. Non obstante, o INE precisa que o salario máis frecuente foi de 15.500 euros anuais, cunha diferenza entre ambos os dous duns 7.200 euros. Esta diferenza reduciuse lixeiramente con respecto ao ano 2012, cando o salario máis frecuente roldaba tamén os 15.500 euros, debido ao descenso experimentado polo salario medio.

O organismo estatístico explica esta diferenza entre o salario medio e o máis habitual en que hai moitos máis traballadores con soldos baixos que con soldos altos. O INE fai, pois, unha división entre os que teñen un salario superior e os que teñen un salario inferior para obter o salario mediano, o que máis se achegaría á realidade, e que en 2012 se situou en 19.029,66 euros.

As diferenzas salariais entre homes e mulleres reducíronse lixeiramente respecto á anterior enquisa. En xeral, a ganancia media anual dos homes foi de 25.675,17 euros ao ano, mentres que a das mulleres supuxo o 76% desta contía, con 19.514,58 euros, unha 24% menos que o dos homes. En 2012, a brecha entre ambos os dous sexos era do 76,1%.

O INE destacou que, malia que esta diferenza salarial se matiza se se consideran situacións similares (tipo de contrato, xornada, ocupación), a desigualdade salarial entre sexos é "apreciable". Así, en 2013 o 18,6% das mulleres tivo ingresos salariais menores ou iguais ao salario mínimo interprofesional (SMI), fronte ao 8,3% dos homes. Tendo en conta salarios máis elevados, o 10,2% dos varóns presentan salarios cinco veces superiores ao SMI, en contraste co 4,7% das mulleres.
BAIXA O SALARIO EN TEMPO PARCIAL, SOBE EN TEMPO COMPLETO.

Tamén é destacable a diferenza entre a ganancia media anual dos traballadores a tempo completo (26.697,86 euros) coa dos contratados a tempo parcial (10.056,10 euros), aínda que esta brecha se explica pola diferenza de horas traballadas. O salario medio dos contratados a tempo completo subiu un 1% respecto a 2012, mentres que o dos contratados a tempo parcial se reduciu un 2,6%.

A ganancia media anual das mulleres con contrato a tempo parcial, modalidade moi feminizada, descendeu un 2,2% en 2013, ata os 9.766,17 euros, mentres que as dos homes nesta mesma situación reduciuse un 3,3%, ata os 10.670,74 euros.

Atendendo á ganancia por hora, a das mulleres contratadas a tempo completo creceu un 0,9% en 2013, ata os 13,91 euros, mentres que a dos varóns aumentou un 0,5%, ata os 16,12 euros. No caso do tempo parcial, a ganancia media por hora incrementouse un 1,2% nas mulleres, ata os 10,39 euros, e caeu un 2% nos varóns, ata 12,64 euros.

A actividades económicas con maior remuneración anual foron a subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado (52.827,56 euros), actividades financeiras e de seguros (39.607,49 euros) e información e comunicacións (33.137,20 euros). En cambio, os asalariados de hostalaría (13.851,08 euros), actividades administrativas e servizos auxiliares (15.809,74 euros) e outros servizos (16.734,95 euros) obtiveron a remuneración máis baixa. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE