#Claves de la semana
CONCELLERIA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

O programa Reforma15 destinará 3 millóns de euros a impulsar nos fogares galegos a mellora de baños e cociñas

Co obxectivo de apoiar as familias no acondicionamento destes espazos ao tempo que se avanza na eficiencia enerxética dos mesmo



|

                                                                Francisco Conde Concelleiro de economía e Industria


A Consellería de Economía e Industria destinará 3 millóns de euros ao novo programa Reforma15, a través do cal se impulsarán melloras en baños e cociñas nos fogares galegos co obxectivo de apoiar as familias no acondicionamento destes espazos ao tempo que se avanza na eficiencia enerxética dos mesmos.


O programa, en cuxo deseño está a traballar o Igape, servirá tamén para estimular a demanda en sectores vinculados á construción e a reforma, como os do mobiliario, a madeira, as baldosas, sanitarios ou azulexos, entre outros, contribuíndo tamén a xerar actividade para pequenas empresas e autónomos.


A iniciativa, que permitirá aos cidadáns impulsar melloras nestes espazos fundamentais para o confort da vivenda e que máis a miúdo necesitan ser reformados para renovalos ou adaptalos ás necesidades dos usuarios, resposta tamén ás demandas trasladadas a través da Asociación de Materiais para a Construción Asemaco polo propio sector, que colaborará no desenvolvemento do programa.


Reforma15 complementará outros apoios da Consellería de Economía e Industria para as familias, como os do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nas Vivendas Galegas, que beneficiará preto de 3.000 fogares galegos.


No marco deste Plan hoxe mesmo veñen de convocarse mediante a súa publicación no DOG as axudas para a renovación de fiestras e caldeiras de alta eficiencia enerxética, dous programas que suman 2 millóns e que mobilizarán 7 millóns en 1.000 proxectos.


Os particulares que queiran beneficiarse dos apoios terán que poñerse en contacto con algunha das entidades colaboradoras, que disporán de 25 días hábiles para adherirse aos programas na páxina entidadescolaboradoras.xunta.es.


O listado destas entidades poderá consultarse, ao remate do mencionado prazo, na web da consellería –economiaeindustria.xunta.es-. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de outubro.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE