#Claves de la semana
COMIXIÓN DE PETICIÓNS, PARLAMENTO GALEGO

os socialistas reclámanlle á valedora do pobo “a defensa a ultranza do estado social e democrático de dereito” con independencia da cor do goberno

Patricia Vilán insta a facer informes singulares sobre as “carencias miserables” na aplicación da Lei de Dependencia e as eivas nas prestacións sociais das administracións públicas


|

Patricia Vilán


30 de xuño de 2015. A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións, Patricia Vilán, esixiulle hoxe á futura Valedora do Pobo proposta polo PP, Milagros Otero, “independencia” á hora de desempeñar o seu traballo para a “defensa a ultranza do Estado Social e Democrático de Dereito”. A responsable socialista interveu na Comisión que designou a esta xurista como candidata a Alta Comisionada do Parlamento.



Vilán reclamoulle “que se afane na defensa dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas de tódolos galegos e galegas” e, lembrando as palabras do seu antecesor interino, pediulle que recolla o testigo e parta de que “o principio de austeridade non é un principio constitucional”.



Sinalou que a institución “ten que facer un traballo imprescindible en materias como a vivenda, o medio ambiente, a educación, a sanidade, os dereitos da muller ou o dereito de acceso á información”.



Informes singulares



A responsable socialista instou á futura Valedora a iniciar informes singulares sobre diversas cuestións que “están a erosionar á nosa sociedade”, como as “carencias miserables” na aplicación da Lei de Dependencia en Galicia, ou os motivos reais do incremento no número de solicitudes de Risga e axudas de emerxencia social.



Instou ademais a analizar a diminución e dotación insuficiente do persoal sanitario, o apoio educativo a nenos e nenas con dificultades ou a lamentable situación dos edificios escolares públicos en Galicia. Tamén reclamou especial atención na vulneración do dereito fundamental de acceso á información dos membros das corporacións locais ou o caso concreto do peche do centro de menores de Montealegre, en Ourense.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE