#Claves de la semana
NOVA RUTA AEREA DENDE PEINADOR, VIGO

Air Nostrum inaugura a nova ruta Vigo-Málaga

Destacan os "altos índices" de reservas nos voos estivais, onde o de Londres ten unha ocupación superior ao 65%


|


A franquía de Iberia para voos rexionais Air Nostrum inaugurou este mércores a conexión entre Vigo e Málaga, a nova ruta aberta no marco do concurso de promoción turística con aerolíneas lanzado polo Concello de Vigo, polo que este ano a compañía tamén puxo en marcha rutas a Gran Canaria, Sevilla -aberta este mesmo luns- e Londres.


Na mañá deste mércores tivo lugar en Peinador a tradición aeronáutica de ‘bautizar’ o avión do voo inaugural, que xa empezou a operar lucindo a marca ‘Mar de Vigo’ sobre a xanela da cabina e ‘Sea of life’ no fuselaxe, co fin de publicitar a cidade nas viaxes nacionais e internacionais.


Na inauguración estiveron presentes o director accidental do aeroporto, Germán Parente, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de Air Nostrum, Carlos Bertomeu, que, segundo adiantaron en declaracións aos medios, con posterioridade ao acto reuníronse para “seguir falando” sobre posibles novos acordos.


Neste sentido, Bertomeu indicou que en base aos resultados que están a conseguir, “nalgúns casos” mesmo superiores ás previsións, están “a analizar a continuidade” dalgunhas das novas rutas -inicialmente previstas só para a tempada estival-, onde apuntou que na de Londres hai un “interese fundamental” de que poida seguir no inverno.


Igualmente, Caballero valorou que a situación aeroportuaria está “francamente ben” e eloxiou especialmente “a boa marcha” da ruta de Londres, que quere para todo o ano e que considera que demostra que o aeroporto de Vigo ten “unha enorme capacidade de xerar voos e tráfico aéreo”.


Así, indicou que aínda que algunhas persoas dicían de forma “malintencionada” que en Vigo “non había capacidade para encher voos”, na súa opinión "o que se necesitaba -eran- voos para que os cidadáns os puidesen coller” desde Peinador e non desde outros aeroportos. “Continuaremos a nosa aposta” por pór ao aeroporto vigués “no lugar que lle corresponda”, concluíu.


OCUPACIÓN


Tal e como indicou Bertomeu, o pasado luns iniciouse a conexión entre Vigo e Sevilla, que na ida trasladou a 47 pasaxeiros e a 48 na volta. Ademais, a ruta Vigo-Málaga deste mércores empezou con 50 pasaxeiros en cada avión. Ambas as rutas dispoñen de dúas frecuencias semanais e operarán até o próximo 27 de setembro.


No relativo ao voo Peinador-Londres, despois de que operase xa en Semana Santa volverá facelo o próximo día 13, para o que conta con “altos índices” de reservas. Á semana seguinte iniciarase a ruta que conectará a cidade olívica con Gran Canaria. Tamén nestes casos haberá dúas frecuencias por semana.


Air Nostrum manifestou que de momento xa hai rexistradas unhas 7.000 reservas para todos os voos da programación de verán e, en concreto nos meses de xullo e agosto, xa foron vendidas case o 60 por cento das prazas ofertadas.


Desta cifra, desglosou que nos voos a Londres hai unha ocupación superior ao 65 por cento e dous días completos, habendo case o dobre de pasaxeiros nos avións que viaxan con orixe Londres que os de orixe Vigo.


En 2016, poranse en marcha as novas rutas a Bruxelas, Roma, Alacante e Menorca, que se sumarán aos destinos anteriores, de forma que as oito liñas seguirán operativas durante o 2017. A maiores, a compañía mantén a operatividade en Bilbao, voo cun tráfico que tacharon de “potentísimo”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE