EMPRESA

Adolfo Domínguez incrementou as súas perdas nun 80% durante o primeiro trimestre

|

Adolfo Domínguez rexistrou unhas perdas netas atribuídas de 1,15 millóns de euros no primeiro trimestre do seu exercicio fiscal 2015-2016, pechado o pasado 31 de maio, o que supón ampliar nun 80% os ‘números vermellos’ de 644.000 euros contabilizados o ano anterior, informou este martes a compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).


As vendas globais de Adolfo Domínguez descenderon un 9,2% no seu primeiro trimestre fiscal, até os 22,2 millóns de euros, debido, principalmente, ao plan de peche selectivo de tendas non estratéxicas en España e que non alcancen un resultado bruto de explotación (Ebitda) positivo.


O resultado bruto de explotación axustado (Ebitda) foi negativo en 3,3 millóns de euros e o Ebitda recorrente tamén foi negativo (-2,9 millóns), o dobre que o ano anterior.


Pola súa banda, o resultado de explotación, aínda que negativo, mellorou un 32,6% grazas, segundo a empresa, á liberación de provisións de existencias e ao resultado obtido pola venda dun local no Paseo da Habana de Madrid por 1,8 millóns de euros.


A 31 de maio, o grupo contaba con 567 tendas (235 no exterior), tras pechar durante o primeiro trimestre 12 establecementos, todos eles en España. Dos 12 puntos de venda pechados por Adolfo Domínguez entre marzo e maio, nove corresponden a córneres en xestión directa e tres a establecementos franquiciados.


No último ano, a compañía pechou 59 puntos de venda en España, dos que 12 son tendas propias, 37 córneres de xestión directa e dez tendas franquiciadas.


No primeiro trimestre do seu exercicio fiscal, a débeda financeira neta de Adolfo Domínguez mellorou con respecto ao exercicio anterior, reducíndose un 28%, até os 9,1 millóns de euros. A compañía explicou que este recorte da débeda débese á amortización da mesma que realizou tras a venda do local do Paseo da Habana.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress