#Claves de la semana
PO LO SERVICIO DE HEMODINÁMICA

Feijóo e alcaldesa de Lugo evidencian as súas "diferencias"

A alcaldesa destaca "diferencias" co A Xunta respecto o servicio 24 horas de hemodinámica no HULA


|

O presidente da Xunta, Alberto Núñez, coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, marcou hoxe como obxectivo que Xunta, concellos e deputacións poidan concretar o vindeiro mes de setembro a participación das distintas administracións no Plan de Loita contra a Desigualdade económica para poder desenvolver este proxecto coa máxima axilidade e coordinación.


Este foi un dos principais asuntos que abordou coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, coa que se reuniu hoxe, e á que trasladou toda a información deste proxecto, igual que fixo co resto de rexedores cos que se reuniu ata o de agora, co obxectivo de que as administracións locais tamén participen no seu desenvolvemento. A este respecto, Feijóo insistiu en que a coordinación é a mellor forma para facilitar os trámites, as axudas e o apoio que precisan as persoas con menos recursos.


Ademais deste proxecto da Xunta para as persoas que menos teñen, o presidente tamén fixo fincapé no importante esforzo feito en materia de servizos públicos para a cidade de Lugo en concreto. Así, referiuse ás melloras logradas para a Sanidade Pública, especialmente grazas á posta en marcha do novo Hospital Público nesta área. De maneira específica, detallou a rebaixa dos tempos de espera en case 30 días desde 2009 ou o incremento do rendemento cirúrxico nun 52% e engadiu que, ademais de mellorar os servizos que xa existían, se impulsaron outros novos.


Deste xeito, trasladoulle á alcaldesa a importancia de que Lugo conte hoxe cunha Sala de Hemodinámica que en 2009 non existía, nas mesmas condicións que nas áreas de Ourense e Pontevedra e de acordo co criterio maioritario dos profesionais de Cardioloxía de Galicia. A este respecto, remitiu aos primeiros resultados do Rexistro Galego de Infarto Agudo de Miocardio –creado a instancias do Parlamento de Galicia e co acordo dos cardiólogos galegos— para valorar o redimensionamento dos distintos servizos de Hemodinámica nos hospitais galegos e estimou que estes se poderían coñecer a finais de ano.


Igualmente, recordoulle o compromiso de que antes de que remate o ano comece a funcionar o Servizo de Radioterapia no hospital lucense, xa que as instalacións están preparadas e unicamente á espera de que cheguen os equipos necesarios para poñer en marcha esta especializada.


Educación Pública


No terreo educativo, o mandatario galego recordou a intención de construír un novo centro para o CEIP Sagrado Corazón, que conta con case 300 alumnos e, para que isto sexa posible, solicitou ao Concello que axilice na medida do posible a cesión dos terreos precisos. Feijóo enmarcou este proxecto na aposta xeral que a Xunta ten no eido da Educación Pública, e que en Lugo se concreta nos máis de 6,4 millóns de euros investidos para melloras de distintos colexios e institutos públicos.


Así mesmo, repasou tamén a situación relativa ás escolas infantís e, tras recordar que proximamente se abrirá unha nova gardería en colaboración coa Fundación Amancio Ortega, concluíu que con esta o incremento das prazas públicas para nenos de 0 a 3 anos en Lugo será de case o 40 por cento desde 2009. Igualmente, avanzou que esta cidade tamén se beneficiará do concerto que a Xunta aprobará de cara ao próximo curso para as grandes urbes e que suporá 500 novas prazas para toda Galicia.


Lácteo, innovación e turismo


O responsable do Executivo galego incidiu tamén nalgúns asuntos de carácter económico, como a situación do sector lácteo. Feijóo reiterou a súa preocupación pola volatilidade dos prezos e renovou a dispoñibilidade da Xunta para seguir contribuíndo dentro das súas posibilidades a mellorar as condicións das explotacións.


Por outra banda, Feijóo tamén lle trasladou á alcaldesa algúns dos proxectos da Xunta en materia de innovación para a cidade. Neste campo, resaltou a importancia da recente posta en marcha dunha aceleradora de pemes, Agrobiotech, xa que favorecerá o desenvolvemento de proxectos innovadores en ámbitos prioritarios para a provincia, como o agroalimentario, o biotecnolóxico e o da biomasa.


Igualmente, tamén reiterou que a aposta pola innovación non se reduce aos sectores tradicionais, senón que tamén se estende a ámbitos punteiros. Con carácter concreto, referiuse ao Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas co que a Xunta, cun investimento de 10 millóns de euros, aspira a que Galicia se converta nun polo tecnolóxico de avións non tripulados.


En materia de turismo, Feijóo propuxo a Méndez traballar conxuntamente e de forma máis intensa, especialmente para sacar o máximo rendemento posible a recente declaración do Camiño do Norte e do Camiño Primitivo como Patrimonio Mundial. Neste senso, informoulle do Plan de medidas aprobado desde a Xunta para adecuar as rutas e mellorar os servizos aos peregrinos.


Auditorio e rehabilitación da Tinería


No tocante ás infraestruturas o responsable autonómico referiuse á situación actual do futuro Auditorio, que actualmente está en obras, e reiterou o compromiso de que estas se finalicen antes de que remate o ano. Deste xeito, darase por cumprida unha demanda de Lugo desde hai décadas, xa que era a única das grandes cidades galegas que carecía dun auditorio axeitado para poder desenvolver unha completa programación cultural.


No que respecta á rehabilitación do barrio da Tinería, Feijóo recordou que a Xunta leva investidos máis de 25 millóns de euros neste proxecto e apuntou o compromiso de seguir avanzando no próximo ano 2016 con novas actuacións. No que atinxe ao Cuartel de San Fernando Feijóo lembrou a “actuación conxunta para acometer obras mínimas” e solicitoulle á alcaldesa que “tramite a parte que depende do Concello”.


Ademais de agradecer a cordialidade que presidiu o encontro coa alcaldesa de Lugo, Feijóo recordou que é o penúltimo dentro da rolda de contactos que está mantendo cos rexedores das grandes cidades tras as pasadas eleccións autonómicas do pasado 24 de maio. Neste senso, nesta semana tamén ten previsto unha reunión co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE