#Claves de la semana
CUBRIUO 82,79% DAS SOLICITUDES DA CAMPAÑA DO 2014

Facenda devolveu a 753.000 contribuíntes galegos máis de 415 millóns de euros


|

A Axencia Tributaria devolveu polo momento máis de 415 millóns de euros que correspondían a 753.559 contribuíntes galegos, de modo que cubriu ata a data o 82,79 por cento das solicitudes da campaña da Renda de 2014. No conxunto nacional, segundo un comunicado da Axencia Tributaria, a cantidade supera os 7.760 millóns de euros para máis de 12 millóns de contribuíntes. Deste modo, o 84 por cento das devolucións e o 73,5 por cento dos importes solicitados na campaña do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) de 2014 xa foron aboados.


Adicionalmente, o Ministerio de Facenda e Administraciones Públicas indicou que as devolucións pagadas se incrementaron un 1,46 por cento en número e un 3,21 por cento en importe, a pesar de que as solicitudes de devolución se manteñen en termos similares ou se reducen en contía.


Incorporadas xa a práctica totalidade das declaracións do imposto que non estaban contabilizadas ao peche da campaña, presentáronse máis de 19,2 millóns de declaracións, un 0,7 por cento máis que na pasada campaña, co que se confirma o primeiro incremento no número de declarantes de IRPF nos últimos tres anos.


MAIORÍA POR INTERNET


Do total de declaracións, un 76 por cento, máis de 14,6 millóns, presentáronse por internet, vía de presentación que utilizaron 712.700 contribuíntes máis que o ano anterior, cando xa se produciu un forte incremento en utilización de vía de presentación electrónica.


Ademais, nesta campaña incrementouse a presentación de declaracións confeccionadas co programa ‘PADRE’ e servizos de axuda equivalentes, que crecen un oito por cento, ata alcanzar a cifra de 11,4 millóns de declaracións. De feito, practicamente unha 60 por cento das declaracións presentadas son declaracións co PADRE e servizos equivalentes, e un 40 por cento son borradores confirmados.


Segundo Facenda, este incremento permitiu unha sensible aceleración das devolucións na primeira parte da campaña. Así, a peche de maio, recibiran a súa devolución case 900.000 declarantes máis que no mesmo momento da campaña do ano anterior. Isto acontece porque por primeira vez os contribuíntes podían presentar as súas declaracións por esta vía dende o inicio da campaña.


Por outro lado, a Axencia Tributaria comezou xa a utilizar internamente o denominado ‘RENDA WEB’, encamiñado a ofrecer un produto integrado para a presentación da renda. Con este sistema, que non require descarga ningunha de programas, nin ficheiros de datos fiscais, confeccionáronse máis de 551.000 declaracións e o ano próximo estará dispoñible para a súa utilización polos contribuíntes que desexen presentar a súa Renda por vía telemática.


IMPOSTO DE PATRIMONIO


En paralelo á Campaña do IRPF, desenvolveuse a do Imposto sobre o Patrimonio, que debían declarar aqueles contribuíntes con cota a ingresar (tras aplicar as correspondentes deducións e bonificacións) e tamén aqueles sen cota a ingresar, pero que o pasado ano contaban con bens e dereitos cun valor superior aos dous millóns de euros.


Tras incorporar as presentacións pendentes de contabilizar, rexistráronse algo máis de 181.700 declaracións de Patrimonio, das cales máis de 157.100 resultaron a ingresar, por un importe de máis de 932 millóns.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE