#Claves de la semana
ISLAS CIES (PONTEVEDRA)

Medio Ambiente confirma a reprodución do pato frisado, da gabita e do gaivotón, tres especies moi pouco comúns que crían no arquipélago de Sálvora

Este espazo protexido tamén acolle outras aves singulares como o paíño europeo, a pardela cincenta ou a gaivota sombría


|

           Parella de gaivotóns con crías no arquipélago de Sálvora


A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da Xunta de Galicia vén de confirmar a reprodución do pato frisado, da gabita e do gaivotón, tres especies moi pouco comúns que crían no arquipélago de Sálvora, nas Illas Atlánticas.


Isto foi corroborado a través do persoal do Parque Nacional durante os traballos de seguimento das poboacións de aves mariñas que se levan a cabo todos os anos. Trátase dun achado de alto interese, xa que estas tres especies presentan moi poucos casos de reprodución confirmados en Galicia e no resto de España.


Unha das especies das que se ratificou a súa reprodución no arquipélago foi a do pato frisado (Anas strepera). Este parrulo, que posúe unha serie de cores grises, poboa Norteamérica e o Norte de Europa como zonas habituais, sendo a súa presenza bastante escasa no sur do antigo continente. Para alimentarse accede á superficie da auga, onde principalmente consume plantas. Soe pór entre 8 e 12 ovos nos niños que constrúe coas súas plumas.


A gabita (Haematopus ostralegus) é un ave que se caracteriza polo seu pico e patas longas. Para nutrirse frecuenta as zonas rochosas e as augas mariñas poucas profundas. Trátase dun animal que conta con moi poucas localidades de cría confirmada en España, sendo Sálvora a segunda zona de cría verificada no Parque Nacional, posto que tamén se pode atopar nas Illas Cíes.



O terceiro dos animais a tratar é o Gaivotón, de nome científico Larus marinus. Este é o membro máis grande da familia das gaivotas. Un exemplar que pode acadar 1,7 metros dende unha punta da ala ata a outra, alcanzando un peso máximo de 2,5 kg. As costas do Atlántico Norte son a súa área de presenza , chegando ao límite sur das súas zonas de cría estables nas costas de Francia. Ao igual que todas as gaivotas aliméntase de forma moi variada. Ademais constrúe niños sinxelos sobre o solo, no que pon dun a tres ovos, que eclosionan aos 28 días.


Estas citas, que se suman a outros rexistros existentes, indican unha vez máis a importancia deste espazo protexido para as aves. Porén, pódese falar da existencia no Parque Nacional doutros paxaros de gran interese debido á pouca presenza que presentan na península. Algúns deles serían o paíño europeo (Hydrobates pelagicus), a pardela cincenta (Calonectris diomedea) ou a gaivota sombría (Larus fuscus).


O paíño localízase nos illotes das Cíes, sendo estes uns dos poucos lugares españois nos que cría. É unha das aves mariñas de máis pequeno tamaño que pasa a maior parte da súa vida en mar aberto, só regresa á terra para reproducirse, onde fai ocos nas rochas. Outra que tamén ten hábitos peláxicos é a pardela cincenta. Isto quere dicir que pasa gran parte da súa existencia en alta mar, xa que realiza desprazamentos de miles de quilómetros. Aínda así posúe unha colonia en crecemento dentro do Parque, a cal está formada por 30 parellas. Por último, a gaivota sombría tamén constitúe un exemplo de alado de especial interese, xa que é bastante escaso no sur de Europa, sendo este espazo protexido un dos principais lugares nos que se reproduce. Posúe unha cor gris pizarra escura, que a diferenza da súa parente próxima a gaivota patiamerela.


Convén recordar que as aves mariñas son obxecto de medidas de protección no Parque Nacional das Illas Atlánticas, o cal é un dos principais territorios nos que a Xunta vén traballando en materia de conservación destas especies.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE