#Claves de la semana
RECHEO DE DÚAS CHARCAS

Adega denuncia un "golpe" á biodiversidade da praia das Catedrais, en Lugo


|

Imaxes de Adega para mostrar o antes e o despois dos recheos - Foto: Adega


Malia ao flamante Plano de Conservación recentemente aprobado en xuño deste ano, Adega vén de denunciar o recheo de dúas charcas, unha dentro do ZEC As Catedrais e outra 50 metros fóra, mais pertencente á unha área prioritaria para a conservación da avifauna ameazada.


Trátase de dúas canteiras abandonadas, rexeneradas naturalmente e agora encharcadas, das poucas zonas húmidas permanentes na rasa litoral da Mariña. As obras consistiron no aterro da zona inundada, arrasando coa rica biodiversidade que acubilaban e derramándoas como refuxio de aves invernantes e en paso.


Entre as especies protexidas presentes nesas charcas, Adega indica que se contan varias de anfibios: A Hyla arborea -agora Hyla molleri- (vulnerábel segundo o Decreto 88/2007 polo que se establece o Catálogo Galego de Especies Ameazadas) e o Alytes obstetricans (Anexo IV Directiva 92/43 CEE, de interese comunitario que require protección estricta), teñen presenza confirmada, e o Triturus marmoratus (Anexo IV Directiva 92/43 CEE), o Lissotriton boscai e Lissotriton helveticus, no calágo español, son de presenza probábel.

Precisamente a costa de Ribadeo nesta zona da rasa litoral emerxida está considerada, aliás de ZEC, LIC, Monumento Natural (As Catedrais), ZEPA (Ribadeo), e Reserva da Biosfera (Oscos-Eo-Burón), unha área prioritaria para a avifauna ameazada por Resolución da DXCN de 28 de novembro de 2011. A riqueza ornitolóxica deste territorio atrae a moitos/as investigadores e visitantes, que agora perderán -perderemos- dous humidais senlleiros nos que mesmo aniñaban a pita de río, o mergullón pequeno, o rascón..., aliás de acubillar a especies en paso e invernantes.


Adega "lamenta a escasa sensibilidade dunha administración que asiste nos seus fuciños e en plena tempada turística á destrución destas charcas e á perda da biodiversidade que acubillan, malia a gozaren de numerosas figuras de protección".


"Trátase dun duro golpe á proposta de declarar este espazo Parque Natural, defendida por institucións, investigadores e ecoloxistas fronte á negativa da Xunta", indica a organización ecoloxista.


Mentres ONGs e veciñanza están a desenvolver proxectos decriazón e custodia de charcas por todo o país, "semella que ninguén garante a conservación das poucas zonas inundadas mesmo dentro dos nosos espazos protexidos", afirma Adega.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE