#Claves de la semana
ECONOMIA GALICIA

A economía galega medrou un 0,6% no segundo trimestre do ano e un 1,8% en taxa interanual

Aumenta un 0,2% o gasto dos fogares, mentres que nas administracións públicas descende un 1,2%


|

A economía galega creceu un 0,6% no segundo trimestre do ano, unha décima máis do que o fixo no trimestre anterior, segundo a Contabilidade Trimestral publicada este xoves polo Instituto Galego de Estatística.


En taxa interanual, o PIB creceu un 1,8%, o que supón cinco décimas máis en relación ao trimestre anterior, de acordo cos datos corrixidos de estacionalidade e calendario. Este crecemento sitúase por debaixo das cifras a nivel estatal.

En concreto, a economía española creceu un 1% no segundo trimestre do ano, unha décima máis do que o fixo no trimestre anterior, grazas ao consumo, a inversión e a un mellor comportamento do sector exterior, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). En taxa interanual, o PIB creceu un 3,1% no segundo trimestre, catro décimas máis que no trimestre anterior.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, o gasto en consumo final descendeu un 0,2% no segundo trimestre respecto ao anterior, mentres que en taxa interanual situouse no 1,4%, de acordo cos compoñentes do PIB a prezo de mercado pola vía da demanda.

O gasto dos fogares galegos e institucións sen fins de lucro situouse no 0,2% e no 2,1% en taxa interanual. Pola contra, as administracións públicas frearon o seu gasto en consumo, cun descenso do 1,2% no segundo trimestre e do 0,9% en taxa interanual. A formación bruta de capital creceu un 2,1% no segundo trimestre e un 7,2% en taxa interanual.

PESO DOS SERVIZOS

A demanda interna rexistrou un crecemento trimestral do 0,2% e dun 2,3% en taxa interanual. Mentres, a exportación de bens e servizos fíxoo un 3,1% e un 4% en taxa trimestral e interanual, respectivamente. As importacións avanzaron un 2,3% no segundo trimestre, mentres que en taxa interanual fixérono un 4,9%.

No segundo trimestre deste ano, o sector servizos concentra o maior peso dentro do PIB (62,5%); seguido da industria (17%); a construción (6,4%); a agricultura, a gandeiría, a silvicultura e a pesca (4,4%). Os impostos netos sobre os produtos representan o 9,7%.

O emprego da economía en termos de postos de traballo equivalente a tempo completo experimentou un crecemento do 1,2%. Sectores como a industria, a construción e servizos rexistran un aumento en taxa interanual, do 0,9%, o 2,4% e o 1,9% en cada un deles. Pola contra, a agricultura, gandaría, silvicultura e pesca descenden un 6% no segundo trimestre do ano en taxa internaual.

CONSUMO DE FOGARES EN ESPAÑA

A nivel estatal, o consumo dos fogares mostrou no segundo trimestre do ano un crecemento trimestral do 1%, tres décimas máis que no trimestre anterior (0,7%), co que xa suma nove trimestres consecutivos en positivo. O gasto das institucións sen fins de lucro ao servizo dos fogares tamén se acelerou, neste caso unha décima, ata o 0,2%.

Fronte ao maior consumo dos fogares e as institucións sen fins de lucro, as administracións públicas frearon o seu gasto en consumo máis dun punto, pasando dunha taxa trimestral do 1,7% no primeiro trimestre un crecemento do 0,4% no segundo.

Pola súa banda, as exportacións aumentaron un 1,6%, fronte ao 0,4% do trimestre anterior, mentres que as importacións avanzaron un 2,3%, case dous puntos máis do que o fixeron no trimestre anterior (0,4%). 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE