#Claves de la semana
XORNADA SOBRE A EMPRESA FAMILIAR, EN APD

A Xunta facilitou nos últimos cinco anos a transmisión interxeracional de empresas e negocios a 5.120 contribuíntes

Destacou a redución do 99% na base impoñible para a transmisión de empresas familiares co obxectivo de que a tributación non sexa un atranco


|


Emilio Perez, presidente de AGEF(i), Valeriano Martinez, conselleiro de Facenda(c) e Santiago Sesto de APD(d)


O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez destacou hoxe que nos últimos cinco anos a Xunta facilitou a transmisión interxeracional de empresas e negocios a 5.120 contribuíntes, a través dunha redución fiscal de máis de 57 millóns de euros neste período. 


O titular de Facenda clausurou en Santiago de Compostela a xornada ‘Tiempos de cambio en la empresa familiar: programando los negocios y la sucesión’, organizada pola Asociación para el Progreso de la Dirección (APD). Na súa intervención, subliñou a importancia que ten o colectivo das empresas familiares para o conxunto da economía e da sociedade galegas, e sinalou que dende o Goberno galego “tentamos ir mellorando cada vez máis o seu entorno legal e fiscal para facilitar a continuidade e o fortalecemento de todos eses proxectos”.


Neste sentido, lembrou que dende 2014 está en vigor a norma autonómica que facilita o acceso ás bonificacións fiscais no caso de transmisión dunha empresa, de tal xeito que o donante e o donatario poden compaxinar os dous a dirección da mesma durante o máximo dun ano, favorecendo así a transición xeracional. “A principal vantaxe desta medida é mellorar a planificación da sucesión das empresas familiares”, sinalou.


A esta medida hai que engadir a redución na base impoñible do 99% para a transmisión de empresas familiares, é dicir, non se tributa pola transmisión, por herdanza ou doazón de empresas ou participación nelas. O obxectivo é que a tributación non sexa un atranco para a transmisión interxeracional dos negocios e empresas familiares.


Valeriano Martínez tamén explicou que, nos últimos seis anos, a Administración autonómica concedeu aprazamentos no Imposto de Sucesións e Doazóns por importe de máis de 100 millóns de euros para aliviar o pago a familias e empresas.


Finalmente, o titular de Facenda resaltou que “sempre que sexa posible, a intención do Goberno galego é fixar deducións orientadas a fomentar o investimento na Comunidade Autónoma, coa finalidade de impulsar a iniciativa privada para a recuperación económica e o fomento do emprego”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE