(Unha recreación épica sobre o devastador incendio de Cualedro en Ourense)

MENTRES O LAROUCO DURMÍA

Benito Eladio Rodriguez
Colaborador

Benito Eladio Rodríguez Fernández.


Empresario, adegueiro, cosecha vinos mediante agricultura biodinámica.

Propietario de Adega do Eladio, en Beade(Ourense).

Poeta y escritor 


Levaba a durmir perto de dous mil anos. Alí quedara adormecido, esquecido no interior da montaña. Agora, dende que o padre Fontes, o sabio de Vilar de Perdices, en Portugal, descubrira a súa figura oculta nun propiaño do templo consagrado ao San Miguel cristiá, un ruxerruxe ou voar de mosca tras da orella estaba a espertalo do seu letargo milenario. Suaba, o seu leito de rochas no medio e medio da sacra e impoñente serra, estaba a quecer e o deus Larouco deu en refregar os ollos e a abrir a boca entrando no estado de vixilia.


Fóra escoitaba os berros das plantas agoniando, das árbores desintegrándose en estoupidos e estralos das pólas o crepitar das chamas no seu avance de monstro devastador cara o cumio da serra sacra do Larouco, os pombos e aves da serra fuxindo no derradeiro segundo co gallo de evitar a morte segura dos pitiños incapaces de voar, coellos, lebres e máis animais das fragas na busca de escape cara o cerco do lume, cara a cima,as crianzas condenadas á cremación en vida, as moreas de insectos eses marabillosos seres que sen eles sería imposible a nosa existencia, tan fermosos e asombrosos, cada un no seu quefacer nesa maquinaria exacta da Natureza, pura matemática e arte, co seu colorido propio da ciencia ficción, os millóns e millóns de seres vivos da fauna e flora microbiana, todos a fuxir do implacable lume devastador, provocado.


O deus Larouco espertou de repente, nos seus miolos sobrenaturais prendera unha idea, un sentir, unha clara certeza do que estaba a acontecer no exterior da serra, ¡A serra arde! ¡Arde o sagrado! ¡Arde a Natureza! ¡Arde o Larouco!. Berrou conmocionado. 


Entolecido e carraxento o poderoso deus da guerra galaico, tomou o seu martelo e o lustrigo e saíu ao exterior arrastrando rochas e producindo un trono que fixo estremecer toda a serra e as da contorna escoitándose o potente estoupido a moitas leguas á redonda. Incrédulo, puido contemplar o desastre ocorrido, mentres avións, helicópteros e homes tentaba apagar o lume.


Non se fixo ver, chorou o xigante e transmitiu pensamentos en todas as direccións para que aqueles que vibraran na súa mesma onda, na mesma frecuencia de pensar, ergueran riba dun penedo a súa figura de deus da montaña, a imitación da gardada polo padre Fontes, e foran a velo levando na man unha árbore, ben fora carballo, castiñeiro ou bidueiro pras regas e piñeiro da terra pras abas máis empinadas, el axudaría a plantalas.


(Unha recreación épica sobre o devastador incendio de Cualedro en Ourense)




Benito Eladio Rodríguez.

1 Comentarios

1

Ola! Son veciño da Serra do Larouco e gustoume moito esa recreación épica do incendio. Quería pedir permiso o seu autor para o mellor lelo nalgún acto reinvidicativo. Moitas Grazas.

escrito por Fernando 02/oct/15    19:00

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE