O local é Universal, o hexemónico uniformante é papanatismo.

Benito Eladio Rodriguez
Colaborador

Benito Eladio Rodríguez Fernández.


Empresario, adegueiro, cosecha vinos mediante agricultura biodinámica.

Propietario de Adega do Eladio, en Beade(Ourense).

Poeta y escritor 


Benqueridos amigos, hoxe quero verter nesta seccíón inquedanzas que, de antigo, veñen sendo alimentadas pola observación dos aconteceres cotiás desta terra nosa nomeada Galiza.


Algunha ou algún, cando queren resaltar o valer ou importancia dun indivíduo, grupo, empresa ou artista galego, din enfaticamente: “Verdadeiramente é un galeg@ universal”!


Manifestando incoscientemente a minusvalia do resto do colectivo galego con respecto ao nomeado, que ese si que é do Universo.


Calquera virus, bacteria, pranta ou habitante da Galiza é por definición universal, coa mesma categoría ca calquera outro que habite noutro punto ou xeografía do planeta.


O ser universal non é ser ou pertecer a pais ou cultura máis dominante, extensa ou poderosa, o ser universal e ser o que se é, e dicir neste caso, ser galego, percibirnos coma unha caste diferenciada, cao súa cultura propia, fala propia, paisaxes e historia propia, que non naceu por arte de maxia, que si temén, pero que racionalmente ou cientificamente naceu da evolución do Universo.


No primeiro foi o grande estoupido e apareceu un único elemento, o hidróxeno e despois, foron aparecendo os novos elementos da "Táboa Periódica dos Elementos", aínda que aparte destes, hai moitos elementos esparexidos polo enrugado pelexo do mundo


Nese incesante ferver de acontecementos evolutivos, remexendo, remexendo, apareceron os primeiros seres unicelulares, nasceron as bacterias, peixes, aves, mamíferos, homes, pobos paises............


Un Universo en expansión vai hacia o diverso, á diferenciación, a novas especies e castes de seres vivos e tamén dos chamados inertes, que, realmente non paran de modifircarse, pero en máis longos periodos de tempo. Non vai cara á uniformación, de cara a que todo sexa igual, senón hacia a diversificación, mal que lle pese aos paises hexemónicos do planeta, deste momento histórico, ou área xeográfica


As hexemonías cambian, os imperios e imperialismos modifícanse, unhas veces están arriba e outras desaparecen, isa é a dinámica imparábel do tempo, pero os pobos que non queren desaparecer, teñen que seguir manifestando o que son e cales son os seus valores diferenciales, afirmarse sempre orgullosamente no que se é, respectando aos outros no que son.


Pois ben amigos, ista extensa exposición ven a conto cara levalos a prestar atención a todo asunto que teña que ver coa cultura e economía da nosa Terra.


Moitos dos meus devanceiros foron viticultores e adegueiros da bisbarra do Ribeiro, como eu, e sempre puideron vivir das súas terras e do froito das seus froitos. Dende logo o máximo explendor aconteceu cando se vencellaron nun común interés económico, as casas nobles e as ordes relixiosas, co seu poder para exportar a toda a fachada atlántica, en concreto dos almirantes da casa de Soutomaior, que fletaban os seus galeóns, dende Pontevedra principalmente, cara a cornisa cantábrica, Paises Baixos, Alemania, Reino Unido e máis.


Cando ise poder se perdeu e a hexemonía política e militar virou a favor de outros territorios, veu a miseria, as guerras co reino unido cortaron o mercado atlántico milenario, favorecendo a outros puntos de producción acordes co ese mercado, que viña do paleolítico. O inglés virou costas a Galiza e foise para Portugal a consumir os viños do Porto, conservando a outra nosa parte ese comercio milenario propiciado polo marqués de Pombal.


Pra rematar, que un pais medra en todo o ámbito do seu ser cando se percibe e percibe todo o que é como bo, polo menos tan bo coma outro foráneo. O que onte se chamaba propaganda e hoxe se coñece como como márqueting, non é un método inocente, senón que mana do poder político sustentado polos grandes “trusts económicos” que á súa vez sustentan aos poderes políticos. As masas bombardeadas polos medios de comunicación, son colonizadas psiquicamente e caen na trampa do consumo explicitado polo márqueting, esquecendo os sabores dos productos propios que sustentan territorios con vida milenaria e a vida ideada polos nosos ancestros, marabillosa, da vida nas vilas e aldeas, en contacto coa Natureza con outros ritmos de vida máis lentos e saudábeis.


E ven coñecido o cantar que fala do máis sublime modelo de vida para moitos galegos:

“Teño unha casa no monte

na Mariña, entre os loureiros,

teño amores, teña barcas,

estou vivindo no ceo.”


Pois ben, na miña experiencia como comercializador dos meus viños, teño recibido desprezos deica os nosos produtos, co gallo de que son acedos, ou caros ou que son piores ca os de fóra.


Eu non vou contra outros, agora ben, se quermos que se conserven os territorios productivos existentes e que os nosos fillos poidan vivir dignamente nas vilas e aldeas, sen ter que abandoalas para irse a vivir ao extranxeiro ou aos formigueiros urbanos, os galegos deberíamos coñecer primeiro e demandar os nosos productos, en toda parte se fai así.  Son de grande calidade, o que non é admisíbel que o que se venda sexa do orde do 90% do exterior. Iso empobrécenos e destrúenos como país.


Non é máis ca unha manifestación interesada, que nos interesa a todos.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE