ACCIDENTE MORTAL
Falece o condutor dun camión tras envorcar o seu vehículo en Lugo
O accidente tivo lugar no lugar de Villamoure, na estrada que une Portomarín e a capital lucense
Un home faleceu na madrugada deste sábado en Lugo tras envorcar o camión que conducía, informou o servizo de urxencias 112.
O centro de urxencias recibiu unha chamada pasadas as 4,30 horas na que un particular alertaba de que había un camión pequeno envorcado na estrada e no seu interior había un home sen pulso.
O camión estaba no lugar de Vilamoure, no municipio de Lugo, na estrada que une Portomarín e a capital lucense.
Ao lugar desprazáronse os bombeiros de Lugo e unidades de Urxencias Médicas que, unha vez chegados ao lugar e liberada a persoa, unicamente puideron confirmar o seu falecemento.
Escribe tu comentario