#Claves de la semana
O LUNS REANUDASE O TRALADO DE TODO O MEXOEIRO O NOVO HOSPITAL DE VIGO

O hospital de Vigo recibirá 187 pacientes a próxima semana na última fase do traslado

O proceso paralizouse a falta de coñecer os resultados das análises de calidade do aire nalgunhas zonas



|


A conselleira, Orballo Mosquera durante unha visita ao novo HAC de Vigo, onde foi boicoteada.


O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (HAC) recibirá a próxima semana, na última fase do proceso de traslado, a uns 187 pacientes hospitalizados de 21 servizos e unidades que ata agora operaban nos hospitais Xeral e Meixoeiro, e realizará, ademais, as primeiras intervencións cirúrxicas. 


O xerente da área sanitaria viguesa, Félix Rubial, explicou, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola directora de Procesos Asistenciais, Mar Vélez, que estas cifras son froito das estimacións realizadas a partir do número de pacientes ingresados que a día de hoxe se atopan nos hospitais do Chuvi, un total de 291.


Concretou que os 187 hospitalizados que serán trasladados ao Álvaro Cunqueiro a partir do luns, despois de que este proceso fose paralizado a falta de coñecer os resultados das análises de calidade do aire nalgunhas zonas, pertencen ás especialidades cirúrxicas e ás áreas Maternoinfantil, Medicina Intensiva e Reanimación. Así, o luns poranse en marcha no HAC os servizos e áreas de Uroloxía, Cirurxía Torácica, Cirurxía Vascular e Otorrinolaringoloxía.

O martes farano Cirurxía Xeral, Cirurxía Dixestiva e Cirurxía Cardíaca; o mércores Traumatoloxía, Cirurxía Plástica, Neurociruxía e Xinecoloxía e o xoves Pediatría, Cirurxía Pedrátrica, Obstetricia, UCI e Reanimación do Hospital Xeral, UCI de Pediatría e UCI Neonatal. Para rematar, o venres, os traslados serán a UCI e Reanimación do Hospital Meixoeiro.

Todos os pacientes hospitalizados destes servizos e unidades, dixo, serán trasladados á súa nova localización acompañados por persoal de enfermería, e por persoal médico naqueles casos nos que a súa situación clínica "o faga necesario". O traslado iniciarase ás 10.00 horas da mañá do luns, con saídas secuenciales cada cinco minutos en ambulancia, e finalizará ás 13.30, mentres que pola tarde retomarase a partir das 14.30 horas, un proceso que se repetirá ata o venres.

Félix Rubial comentou, a tenor destes datos, que a próxima semana, os profesionais do novo hospital de Vigo realizarán as primeiras intervencións cirúrxicas, asistirán os primeiros partos, que poden sucederse "de xeito simultáneo" no novo hospital e no Xeral o propio día do traslado, o 24, e atenderán as primeiras urxencias hospitalarias.

O martes realizarase a primeira operación no Álvaro Cunqueiro, segundo sinalou o xerente, e estrearán quirófanos os servizos trasladados o día anterior, que operarán a oito pacientes, e ao longo da semana, coa incorporación do resto, serán intervidos un total de 61. En paralelo ao comezo da actividade cirúrxica, iniciará a súa operatividade a Unidade de Reanimación e Espertar postquirúrxica do HAC, que xa estará operativa desde o luns para atender posibles imprevistos.

Félix Rubial puxo en valor, ademais o "especial" do próximo xoves 24, xa que tamén cesará ese día a actividade de Urxencias do Hospital Xeral ás 08.00 horas da mañá, momento no cal "abrirá" o mesmo servizo no Álvaro Cunqueiro. O día 25 ocorrerá o propio, e á mesma hora, coas Urxencias do Hospital Meixoeiro , e producirase así un "gran cambio na atención urxente nos hospitais de Vigo", xa que se concentrará no novo centro hospitalario.

Iniciarase tras isto unha "segunda fase de axuste", "moi importante e transcendente", especificou Rubial, e que pode dilatarse entre 6 meses e 1 ano para completar o traslado de equipamento, seguir avanzando nas obras programadas no Meixoeiro, Nicolás Peña e o Anexo II do Hospital Xeral, reordenar a atención continuada en Atención Primaria ou avanzar na integración interna da EOXI de Vigo, entre outras cuestións. Durante esta etapa tamén se poden producir "axustes e melloras na estrutura do Álvaro Cunqueiro atendendo a criterios de funcionalidade".

O xerente da área sanitaria de Vigo realizou, ao finalizar a súa intervención ante os medios de comunicación, unha homenaxe aos 60 anos de actividade do Xeral a través de fotografías, un edificio que acolleu durante estas décadas o nacemento de "perto de 250.000" persoas. Tamén foi preguntado polas múltiples "deficiencias" denunciadas hai poucos días por profesionais e pacientes do Álvaro Cunqueiro e dixo que o novo hospital está "perfectamente preparado" para continuar co proceso de traslado. Apelou, finalmente, ás "distintas percepcións" duns 4.500 traballadores que declinou "entrar a valorar".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE