#Claves de la semana

A ultramaratoniana Mariluz Viñas chega ao final do Camiño de Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa subdirectora xeral de Deporte, Laura Mosquera, recibiron hoxe á ultramaratoniana Mariluz Viñas que finalizou con éxito ‘El reto del Camino’ ao chegar á Praza do Obradoiro tras percorrer 780 quilómetros do Camiño de Santiago.


|


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa subdirectora xeral de Deporte, Laura Mosquera, recibiron hoxe á ultramaratoniana Mariluz Viñas que finalizou con éxito ‘El reto del Camino’ ao chegar á Praza do Obradoiro tras percorrer 780 quilómetros do Camiño de Santiago.


A través do proxecto esta peregrina de excepción realizou o incrible reto de percorrer en 15 etapas, correndo sen descanso 52 quilómetros ao día da Ruta Xacobea, dende St. Jean Pied de Port ata Santiago de Compostela.



En declaracións aos medios, a directora de Turismo de Galicia transmitiu a súa admiración e recoñecemento a Mariluz polo reto acadado e destacou o valor desta iniciativa que, segundo sinalou, combinou os valores do Camiño de Santiago cos do deporte e a solidariedade.



Nava Castro sinalou que o proxecto contribuíu a continuar promocionando o principal recurso turístico e cultural de Galicia a nivel internacional.



Neste senso, a responsable de Turismo da Xunta sinalou que o Camiño de Santiago continúa rexistrando unha forte progresión ascendente no seu número de peregrinos destacando que no que vai de ano xa superouse a cifra de peregrinos que recolleron a súa Compostela no pasado ano 2014. “Estas cifras demostran que o Camiño de Santiago está en pleno auxe e actualidade e reflicten a gran capacidade da Ruta Xacobea para atraer turistas”, explicou Nava Castro.



A iniciativa tiña un fin solidario xa que cada quilómetro superado converteuse nun euro destinado á Fundación St. Jude.


Esta institución dominicana sen ánimo de lucro apoia espiritual, emocional e economicamente a nenos con cáncer.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE