#Claves de la semana
RESPOSTA O VOCEIRO SOCIALISTA O DISCURSO DE FEIJOO

O PSdeG cre irrelevante que Feijóo "quede ou marche, rematou o seu tempo"

Méndez Romeu acusa a Feijóo de "presidente do paro" mentres cuestiona se a baixada de impostos responde á proximidade das eleccións

|

O portavoz parlamentario dogrupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, considerou este mércores que é "irrelevante" que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quede ou marche", toda vez que Galicia "necesita outra política" e xa está "demostrado" que con el "non foi nin será posible". "Rematou o seu tempo, é momento de cambiar", sentenciou.


Sen abandonar as críticas á "ambigüidade" de Feijóo sobre o seu futuro político, na súa primeira intervención ante o pleno da Cámara no debate sobre política xeral, Méndez sinalou que distintos cargos do PP levan "un ano" pedindo a Feijóo que se presente de novo aos comicios galegos e que el "foxe do compromiso", ao seu xuízo, porque sabe "as enormes hipotecas" que deixa.

Neste sentido, subliñou que o Executivo autonómico está "esgotado" e así evidénciao a crise de goberno na que se "cambiou a metade" da Xunta. A ese respecto, opinou que a "rectificación" chega cando xa a "credibilidade" do Executivo está "perdida" tras "demasiadas promesas incumpridas de creación de emprego e de recuperación" malia ter maioría absoluta en case todas as institucións.

Tras poñer o foco no "ataque á igualdade" que reflicte a nova composición da Xunta, con catro conselleiras nun equipo de 11 persoas, o deputado socialista sostivo que tamén o PP é responsable da aumentada brecha entre "unha minoría beneficiada e unha maioría prexudicada". "Empobreceron ás clases medidas por primeira vez na historia moderna", reprobou.

Coa vista posta directamente no presidente galego, Méndez culpoulle -a el e ao seu partido- dunha "situación laboral lamentable" e dun "retroceso na calidade de vida enorme" froito dunha situación económica que "segue sendo incerta" e que o PP utilizou para restrinxir as prestacións do estado do benestar.

"O PRESIDENTE DO PARO  E DA PRECARIDADE"

Así mesmo, referiuse a Feijóo como "o presidente do paro", toda vez que o cuarto de millón de parados que ten actualmente a comunidade se forma con 90.000 persoas máis das que había no ano 2009.

"Porcentualmente, nestes anos o paro aumentou o dobre que en España", remarcou, ao tempo que advertiu que hai hoxe "menos poboación activa, menos poboación ocupada e menos cotizantes á Seguridade Social". No mesmo sentido, indicou que se perdeu "a cuarta parte" tanto do emprego industrial como do agrario e que en 90.000 fogares "só viven parados".

"Non son datos, teñen rostro", recordou o socialista coruñés a Feijóo, sen deixar de apuntar datos sobre que "seis de cada dez" persoas sen traballo "non cobran desemprego" mentres a renda de inclusión "só chega a unha minoría tras seis meses de espera" media.

Neste escenario, e co "agravamento" da precariedade que trouxo consigo a reforma laboral, preguntou directamente ao presidente "a cantos anos fía a recuperación económica" despois de recriminarlle que non falase de que a metade dos asalariados galegos "teñen un salario menor de 1.000 euros".


PENSIÓNS EN RETROCESO


Eses niveis salariais e de precariedade terán consecuencias nas pensións. Están liquidando o Fondo de Reserva mentres baixan os ingresos por cotizacións. Non é difícil prever cara onde nos levan. Temos as pensións máis baixas do Estado, as conxelaron por lei e as desvincularon do IPC, restando poder adquisitivo.


Os emigrantes pensionistas son un exemplo extremo de insensibilidade. Tiveron que protestar durante dous anos para que o goberno comezara a corrixir actuacións inxustas e desproporcionadas. E aínda quedan miles de casos sen resolver.


"INSENSIBILIDADE"


En paralelo, chamou a atención sobre a "insensibilidade" do Goberno galego, por exemplo, cos dependentes, puess "só este ano, mil persoas co dereito recoñecido morreron antes de recibir as prestacións".


Ademais, criticou o "desparpajo" de Feijóo por "presumir" de servizos sociais cando ten, por exemplo, a "peor" ratio de prazas residenciais para minusválidos e maiores do Estado e estase a "favorecer a privatización".

En canto ao seu anuncio de 100 euros ao mes para recén nacidos a partir de xaneiro do ano próximo, cuestionou que poida frear a súa "sangría demográfica" cun "pequeno cheque bebé" malia que "vilipendió" ao presidente Zapatero por unha medida similar.

"ABANDEIRADO DA DESIGUALDADE"

Ante as súas promesas de baixada de impostos, interesouse por coñecer se garda relación con que a Xunta "non necesita ingresos" ou coa proximidade das eleccións, e tamén "cántos médicos deixará de contratar ou cántas prazas en centros de día deixará de atender" con esta modificación fiscal.

E, dende o convencemento de que o trazo que "mellor define" ao PP é "a desigualdade", censurou que se dea beneficios fiscais aos que tributan por renda pero non se teña en conta as taxas, os copagamentos de medicamentos, as subas nas facturas de luz, auga, gas e lixo e o incremento do IVE.

De igual forma, o voceiro dos socialistas no Pazo do Hórreo recordou que Galicia ten os carburantes "máis caros de España" e a iso sumou que a Autoestrada do Atlántico é tamén "das máis caras" do país.

Esa aposta pola "desigualdade", segundo sostivo, tamén levou o Goberno galego a seguir a senda da "privatización" tamén na sanidade e de romper co sistema existente, "modélico e totalmente sostible financeiramente".

"NON QUEREMOS ESA SOCIEDADE"

Tras formular que o PP goberna en Galicia para "unha minoría privilexiada", rexeitou "esa sociedade" que pretende construír e defendeu "unha política con prioridades distintas" e que "non deixe a ninguén" atrás".

Ao fío diso, pediu "non desperdiciar", como país, a oportunidade que ofrece a Comisión Europea denro do plan de estímulo económico que está a preparar e polo que a Galicia lle tocarían 1.500 millóns de euros.

"Deseñemos, co concurso dos axentes sociais e os expertos, un plan global que defina prioridades e obxectivos", tendeu a man ao presidente.


 FINAL


Vostede leva moito tempo mirando cara atrás. Montaigne escribiu que “podemos lamentar non vivir en tempos mellores pero non podemos fuxir do presente”. O pasado é territorio da historia, a política faise no presente.


Vostede fala para os seus e para a minoría privilexiada da que quere formar parte. Nós non queremos esa sociedade.

Os socialistas defendemos unha política con prioridades distintas. Que non deixe a ninguén atrás.


Que acabe coa precariedade e a devaluación salarial, derrogando a reforma laboral.


Que apoie á industria, con máis financiamento e innovación para competir en valor engadido e non en baixos salarios.

Que compita en valor engadido, con máis gasto educativo, máis becas, mellor Formación Profesional, políticas de emprego máis eficaces e apoiando a reinserción laboral da mocidade.


Que devolva ós cidadáns en forma de servizos públicos e prestacións o que aportan en traballo e impostos.

Cunha reforma fiscal progresiva, sen amnistías.


Galicia necesita outra política. Hoxe quedou demostrado que con vostede nin foi nin será posible. É irrelevante que quede ou marche. Rematou o seu tempo. É momento de cambiar.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE