#Claves de la semana
O DISCOLO MARTINEZ, SUSPENDIDO DE MILITANCIA POLO PSDG DE LUGO

O PSdeG inicia os trámites para expulsar a Manuel Martínez do grupo provincial de Lugo

O resto de deputados provinciais socialistas acordaron levar á Comisión Antitransfuguismo ao alcalde de Becerreá por dificultar "xunto ao PP" a acción do Goberno.

Martínez queda suspendido preventivamente e terá dez días para presentar alegacións.


|

Campos(izqda.) e Santos (c), na rolda de prensa do Gruo Provincal Socialista de Lugo


O PSdG acordou iniciar os trámites para expulsar a Manuel Martínez do grupo socialista na Deputación de Lugo e levar o caso á Comisión Antitransfuguismo, segundo anunciaron este venres nunha rolda de prensa o resto de deputados provinciais do partido.


O acordo, asinado polos compañeiros de filas do alcalde de Becerreá, contempla o traslado á Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo, para que sexa este órgano o que resolva "os feitos dos últimos días, levados a cabo polo deputado provincial Manuel Martínez Núñez e os doce deputados do grupo provincial do Partido Popular, dirixido por Elena Candia López, para dificultar a acción do Goberno provincial". Especialmente tras o ocorrido esta semana no pleno de organización da Deputación, no que Martínez apoiou unha moción do PP para recortar dedicacións e recursos ao BNG.

A rolda de prensa comezou apenas uns minutos despois de que Martínez concluíse a súa, na que explicou, desde o seu punto de vista, a situación vivida nos últimos meses na Deputación de Lugo e na que asegurou que nin José Ramón Gómez Besteiro nin Darío Campos "estiveron á altura".

O portavoz do goberno provincial, Álvaro Santos, aclarou que o rexedor de Becerrerá poderá presentar alegacións desde que reciba o expediente de expulsión, contado dez días naturais desde a entrega. "A día de hoxe, Martínez está suspendido preventivamente dos seus dereitos como membro do grupo provincial socialista e iniciado o proceso de expulsión", subscribiu.  


"DEFENDEMOS A MARTÍNEZ".


Tamén quixo explicar que "ata o último minuto o PSOE mantivo negociacións co BNG en defensa de Martínez como candidato á presidencia da Deputación", en referencia aos días previos ao pleno de investidura de finais de xuño.

"Con todo, a falta de entendemento co BNG impediu a candidatura de Martínez e isto supuxo que os deputados provinciais socialistas propuxesen un novo candidato, apoiando todos a Campos", apuntou. 


Así mesmo, sobre a posible expulsión do PSOE de Martínez, Santos aclarou que cada órgano "é diferente" e o grupo provincial socialista é un órgano. "Entón os deputados provinciais, analizados os feitos, concluímos que a actitude de Manuel é un caso claro de transfuguismo político", apuntou.

SITUACION DO GOBERNO. 


Ademais, preguntado se o goberno quedaba debilitado ao quedar en minoría dun deputado, Santos respondeu cun taxativo "non", aínda que engadiu que o "goberno da Deputación debilitouno Manuel Martínez cando votou polo PP en contra dos intereses dos cidadáns".

"Aí é cando se debilita a capacidade operativa, pero non a de goberno", sinalou. Na comparecencia tamén interveu o presidente da Deputación, Darío Campos, quen volveu a pedir "perdón" ao recoñecer que obviamente se puido facer mellor o proceso. "A situación que se viviu foi surrealista pero, tamén digo que, agora, todo isto se acabou, e deste tema non vou volver a falar, voume a dedicar a seguir traballando", apuntou.

Con respecto á expulsión de Martínez utilizou un símil futbolístico ao asegurar que "nin Cristiano Ronaldo é imprescindible". "O Madrid seguiría existindo sen Cristiano e o PSOE sen Martínez", apostilou. 

relacionada Martínez e Candia reuníronse nunha gasolineira do Corgo antes do pleno de organización da Deputación de Lugo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE