#Claves de la semana
GADIS E EROSKI SON OS QUE MELLOR TRATAN ÓS CONSUMIDORES

Un estudo revela falta de integración do galego na atención ao consumidor de grupos de distribución

Mercadona obtén a mellor nota (6,88 puntos)



|


Un estudo realizado pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) apunta á “ineficacia” e á falta de integración da lingua galega nos servizos de atención ao consumidor dos principais grupos de distribución da comunidade autónoma. 


Miguel López Crespo, coceiro da entidade, foi o encargado de detallar en rolda de prensa as principais conclusións deste traballo, realizado ao longo dos seis últimos meses coa participación de 20 entrevistadores e co obxectivo de avaliar os servizos telefónicos de atención ao consumidor de nove grupos de distribución.


Precisamente, unha das partes “importantes” deste refírese ao uso e integración da lingua galega, como idioma propio de Galicia, no trato ao cliente por parte destes servizos e nas posibilidades de comunicación cos profesionais de atención.

Deste modo e a pesar de tratarse “dun dereito básico” recoñecido “legalmente” para a sociedade, a atención ao consumidor en lingua galega incúmprese por sistema”O estudo de UCGAL rexistra aprobados nos dous grupos galegos, Gadis (8,13) e Froiz (7,38).


Ademais e a pesar de non alcanzar o aprobado, “só Eroski” parece apostar por un trato de calidade neste ámbito, cun 4,44 que “sobresae” en relación á puntuación rexistrada polo resto de empresas.


O grupo con “peor cualificación” en materia de dereitos lingüísticos é DÍA, engadiu, sinalando ademais a “anécdota” do caso de Alcampo, a operadora da cal empezou a falar en inglés cando un dos entrevistadores empregou a lingua galega


Neste sentido, UCGAL quixo matizar que o uso da lingua galega aínda “non está plenamente integrado” nos grupos galegos, onde nalgún caso se solicitou o uso do castelán ao entrevistador.


MERCADONA, A MELLOR NOTA


En termos xerais, o Servicio de Atención o Cliente(SAC) de Mercadona obtivo a mellor nota cunha valoración próxima ao notable (6,88), sustentada tanto na “eficacia” do contacto co servizo coma na “valoración positiva” das respostas obtidas ás consultas trasladadas polos entrevistadores.


Así mesmo, destacou que Eroski (6,69) é o grupo que “mellor trata e que máis coopera” cos consumidores, e no que a UCGAL atopou “un maior grao de identificación por parte dos operadores”, algo no que tamén aproba Gadis e no que suspenden o resto de empresas analizadas.


O estudo incidiu no suspenso de Día, Carrefour e Alcampo, este último coas “peores cualificacións no trato e en ao cooperación” dispensadas, mentres que o segundo é o que máis tempo emprega en atender as peticións.


Por outro lado, o estudo detectou unha ineficacia “endémica” á hora dos SAC á hora de obter unha resposta á consulta ou a solicitude do cliente. O mellor valorado é Mercadona cunha nota superior ao 3 e “bastante afastado” do 1,05 de Carrefour e de día, resultados que coinciden con que o 7,2 por cento dos galegos consideren “ineficaces” estes servizos.


Tamén incidiron nas “preocupantes” respostas por parte dalgún servizo, como o caso de Lidl, na que afirmaba non dispoñer de información sobre a orixe dos mexillóns que comercializaba con marca propia, ou a negativa de día a facilitar o seu plan de igualdade.


Todo iso evidencia, segundo a UCGAL, unha “falta de formación dos operadores” e “graves carencias” nos recursos que as empresas poñen ao seu alcance, ademais das “múltiples vulneracións” no trato aos cidadáns.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE