BRASIL E A VIAXE A ÍTACA

Manuel Fernando González Iglesias

Non ten sorte Artur Mas coa secuela da corrupción. Se por ser fillo político de Pujol, o drama da familia do exPresident perségueo alá por onde vaia --e de paso faise acompañar mediáticamente pola lea xudicial dos seus compañeiros de partido que tampouco lle deixan tranquilo polas presuntas mordidas no Palau da Música ou onde "empresarialmente" se puido-- hoxe tocoulle a quenda da desgraza, e xa levamos dous días falando do tema, ao investidor brasileiro que con Acciona quedouse coa ATLL por cincuenta anos e de paso puxo os seus pés en Tabassa e os Tunels do Cadi. Refírome ao CEO do BTG Pactual André Esteves, quen foi detido no seu país polo escándalo de PETROBAS, no que se viu implicado precisamente por corrupción. Quen o ía a pensar ata onte mesmo de xente tan seria! Que dirá o Molt Honorable agora ao recibir tan maléfica noticia!


Digamos no seu descargo que unha cousa é o Banco e outra o CEO que o dirixe, aínda que este, en concreto, era algo máis que un directivo ao uso, máis ben un accionista moi cualificado ao que, ademais, o seu equipo de imaxe vendía case coma se tratase dun Premio Nobel de Economía. Segundo nos contaban hai tan só tres meses, o home estaba bastante encabuxado cos Entrecanales pola lea investidora no que lle metían en Catalunya co da ATLL, e mira ti por onde agora o marrón é do Govern Mas, quen ten un socio capitalista metido no trullo, acosado por acusacións moi graves que teñen toleado ao corpo xudicial de Brasil que non van deixar monicreque con cabeza, polos diñeiros escandalosamente malversados da compañía mais importante de Latinoamérica.


O único positivo desta noticia é que se supón que o Señor Esteves, co seu particular calvario xudicial, non terá tempo nin ganas de reclamarlle de forma inmediata a Artur Mas os 900 millóns de euros que investiu na ATLL e que se supoñía ían ser esixidos cando o Supremo emita a sentenza definitiva sobre o concurso que foi a orixe do que chegamos a chamar a Guerra da Auga. É un alivio que para Mais-Collel pode significar un apracible retiro en Estados Unidos impartindo clases maxistrais nas súas Universidades, se o Constitucional non lle dá outro susto debido ás veleidades independentistas do seu xefe político, algo que por ser moi probable tamén lle ten especialmente preocupado.


A verdade é que cada día que pasa as noticias sobre Cataluña son cada vez máis desconcertantes. Agora resulta que ata os xuíces brasileiros volvéronse en contra da histórica viaxe a Ítaca do President! Incrible!


Post data: Por certo, a CUP non tivo nada que ver na detención do banqueiro brasileiro.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE