#Claves de la semana

​Abanca remitiu á EBA unhas contas con 1.600 millóns máis das que remitiu á CNMV

Abanca (antiga Novagalicia) enviou á Autoridade Bancaria Europea (EBA) uns beneficios do 2014 de 2.791 millóns, en lugar dos 1.198,6 millóns que comunicou ó mercado a través da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), segundo informa El Confidencial.


|


Abanca (antiga Novagalicia) enviou á Autoridade Bancaria Europea (EBA) uns beneficios do 2014 de 2.791 millóns, en lugar dos 1.198,6 millóns que comunicou ó mercado a través da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), segundo informa El Confidencial. 


Estes resultados superan aos do propio BBVA e tamén supoñen que a entidade sale perdendo na comparación con xuño deste ano, onde aparece que Abanca é a segunda entidade menos rentable e a máis ineficiente de España.


Un portavoz da entidade asegurou en marzo que eses 2.791 millóns correspondían ao holding tenedor das accións de Abanca e que a cifra comparable era o resultado comunicado á CNMV (os 1.198,6 millóns), que é un intermedio entre o individual e o consolidado. A cifra do holding é a utilizada para facer o exercicio de transparencia.


Como explica El Confidencial, este beneficio explícase polo fondo de comercio negativo de 2.116,2 millóns xerado ao comprar Novagalicia por debaixo do seu valor en libros, e por outro, pola activación de créditos fiscais (DTA), contra a Facenda pública por 719,9 millóns máis. Sen estes conceptos, a entidade financieira estaría en perdas.


Ate xuño de 2015, Abanca só tivo 52 millóns de beneficios --e non os 182 publicados na CNMV-- e a súa renatbilidade é a segunda máis baixa das 14 entidades españolas supervisadas directamente polo Banco Central Europeo (BCE).




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE