De Montesquieu a Bolívar

Manuel Fernando González Iglesias


O domingo atragantóuseme un calçot cando a locutora dun dos telexornais lía, con parsimonia insana, os resultados da primeira volta das rexionais francesas, onde os gabachos daban o seu voto maioritario a Marine Le Pen e a continuación fumábanse un puro, coma se o do xenofobia e a violencia ultra fosen cousa dun pasado moi remoto. 


A República espertouse do seu soño bipartidista e pegáballe unha patada no traseiro a socialistas, comunistas e dereita civilizada polo seu mal uso do poder, que lles levou a que os franceses sintan medo na súa propia terra. Ata na Cataluña Nord, que fora concienzudamente traballada polas hostes de Mas e Junqueras, sucumbira ao doce encanto da filla loura de Le Pen votándoa frenéticamente coma se os cataláns do norte quixesen dicirlle aos seus irmáns do sur que son unha cuadrilla de insensatos que se perderon no camiño a Ítaca e non saben que cos herdeiros de Franco ou de Hitler se vive máis seguro.


E mentres iso pasaba na terra de Montesquieu, na de Simón Bolívar, os venezolanos atizábanlle ao chavismo en metade as súas dipolos, baixándoo do poder cun guantazo de maioría absoluta que promete ofrecernos un futuro de cárceres baleiras de disidentes políticos e un Palacio de Miraflores asediado pola oposición a Nicolás Maduro Moros, que tentará por todos os medios que non acabe o seu mandato e mesmo chegue a sentar no mesmo banco que El orangután reservara para o alcalde de Caracas ou para Leopoldo Eduardo López e uns cuantos compatriotas máis. O acordo entre Estados Unidos e Cuba acabou por deixalo sen substrato ideolóxico e tratar de seguir escondéndose tra-lo retrato de Chávez é tan inseguro como querer gobernar na Arxentina lembrando que un día fuches a esposa de Néstor Kirchner e que aínda te chamas Cristina Fernández, a superpresidenta.


E se o poder executivo aínda está en Venezuela en mans de Maduro, será a Asemblea, que é a dona e señora do outro poder, o lexislativo, a que acabe de cadrar un país no que os asasinatos converteron Caracas na capital máis insegura do mundo e a un Estado que nada en petróleo na nación mais pobre de Suramérica, na que escasea case todo o básico pero, por encima de calquera cousa, a liberdade de expresión.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress