CUNHA CAMPAÑA

Sanidade informará as embarazadas de que se poden vacinar da tose ferina dende o 21

|


O Goberno galego lanzará unha campaña informativa a partir da próxima semana nos centros sanitarios sobre a vacina da tose ferina para as mulleres embarazadas. Esta administrarase dende o 21 deste mes e, segundo recordou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, é "recomendable", non obrigatoria.


Non obstante, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo esgrimiu que se trata dun asunto que "preocupa" dado o incremento do "aumento do índice" desta enfermidade, "sobre todo no sur de España, pero tamén con algún caso no norte".


Galicia, onde hai 18.000 embarazados en curso, decidiu implantala de acordo coa opinión dos expertos, que recomendan recibila durante o embarazo para "cubrir o período abranguido entre os 0 e os dous meses" do recén nacido. Iso si, non se trata dunha dose "substitutiva" da que o bebé debe recibir os dous meses.


Con problemas de abastecemento a nivel mundial, a de recordo dos seis anos xa está aprazada. O presidente recordou que, dende un punto de vista "asistencial" e segundo os expertos, "non hai ningún risco" neste aprazamento.


En canto á dose para as mulleres embarazadas, indicou que se recomenda poñela entre as 28 e as 36 semanas de xestación, e "de forma preferible" na 32, aproveitando a visita de control médico da devandita semana.


FOMENTAR A MAIOR COBERTURA


O departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuíña aspira a apoiar, así mesmo, unha "maior cobertura das vacinas infantís" mediante a plataforma 'É saúde', co obxectivo de recordar ás nais e pais as datas de vacinas dos seus fillos e fomentando unha maior cobertura.


Outra das medidas en materia de atención sanitaria á maternidade e á infancia consiste en "seguir traballando na estandarización das indicacións clínicas" de cesáreas urxentes e programadas en todos os hospitais do Sergas que atenden partos, co obxectivo de baixar a variabilidade e adecuar a taxa de cesáreas aos estándares establecidos, seguindo as recomendacións existentes.


Sanidade tamén potenciará, dentro do espazo da Escola Galega de Cidadáns, diversas actividades de formación e información sobre aspectos relacionados co embarazo, a maternidade e a saúde infantil.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress