#Claves de la semana

Dúas praias galegas entre as mellores de Europa, segundo The Telegraph

A prensa internacional volve interesarse polo engado e calidade da costa galega. Esta vez foi a publicación británica The Telegraph, que inclúe na súa lista das dez mellores e máis tranquilas praias a dous areais galegos.

 

|



A prensa internacional volve interesarse polo engado e calidade da costa galega. Esta vez foi a publicación británica The Telegraph, que inclúe na súa lista das dez mellores e máis tranquilas praias a dous areais galegos.


O diario británico selecciona a dúas praias de Viveiro e das Illas Cíes como dous dos mellores recunchos de Europa para desfrutar da paisaxe e da tranquilidade de ofrecen. Son os únicos areais de España seleccionados nesta lista


A Praia da Area, en Viveiro, aparece no sexto lugar e dela salientan a tranquilidade da que se pode gozar nun lugar calmo e un tanto afastado das zonas máis turísticas de España. A súa lonxitude e a calidade da súa area fan desta praia un lugar xenial para unha escapada en familia ou con amigos. The Telegraph destaca tamén que se trata dunha praia prácticamente virxe.


No caso das Cíes, que están no séptimo lugar, o xornal británico salienta a praia de Rodas, a máis grande do arquipélago. Valora que as Cíes, o 'Caribe galego', forme parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, polo que as visitas diarias limítanse ás 2.000 persoas, que non haxa hoteis e que a meirande parte das illas sexan zonas protexidas.


Non é a primeira vez que alguna publicación estranxeira fala da costa galega. The Guardian escolleu a Praia de Rodas como a mellor do mundo en febreiro de 2007. Un ano máis tarde o xornal italiano La Reppublica incluiuna como unha das oito mellores praias do mundo, sendo a única seleccionada de Europa. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE