#Claves de la semana

Galicia está entre os destinos mellor valorados para 2016 de Lonely Planet

Unha vez máis, o potencial turístico da nosa comunidade vése recoñecido dende fóra das nosas fronteiras.


|


Unha vez máis, o potencial turístico da nosa comunidade vése recoñecido dende fóra das nosas fronteiras. Galicia comeza o ano como un dos dez mellores destinos para descubrir en 2016, segundo un ranking que elaborou a prestixiosa editorial de viaxes Lonely Planet en función da calidade do destino e dos seus prezos. 


Na súa reseña sobre Galicia, Lonely Planet refírese á nosa comunidade como a última fronteira de España, un lugar que aínda non recibiu toda a atención que merece por parte dos viaxeiros. Aconseñan ir máis alá de Santiago de Compostela, descubrindo a costa rocosa, as pouco explotadas aldeas e unhas rías que definen como espectaculares. 

Para Lonely Planet, Galicia é moito máis que un destino lowcost. Aconsellan descubrir os nosos bares de tapas, prestando especial atención á calidade das nosas carnes e dos nosos mariscos. Tamén lanzan a idea de achegarse nunha época tranquila para alquilar unha casa e descubrir a nosa rexión. 


Nesta lista de destinos para 2016 Galicia comparte protagonismo con países como Estonia ou Bosnia Hercegovina, pero tamén con exóticas rexións de todo o mundo como a costa caribeña de Costa Rica ou o Oeste de Australia. A lista completa pode consultarse aquí

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE