#Claves de la semana

A Deputación de Pontevedra intervirá en 18 xacementos arqueolóxicos

A Deputación de Pontevedra intervirá durante este ano na recuperación de 18 xacementos arqueolóxicos da provincia, en virtude dun convenio firmado co Ministerio de Fomento para poñer en valor o patrimonio galaico-romano.


|

A Deputación de Pontevedra intervirá durante este ano na recuperación de 18 xacementos arqueolóxicos da provincia, en virtude dun convenio firmado co Ministerio de Fomento para poñer en valor o patrimonio galaico-romano. Por iso se acaba de poñer en marcha un concurso público con xurado para seleccionar as mellores propostas de restauración e musealización. 


As bases desta licitación poden consultarse na web do Ministerio de Fomento, que pretende adxudicar cada un dos 18 proxectos ao gañador do concurso a medida que finalicen os traballos previos de arqueoloxía e excavación acometidos pola Deputación. 


O obxectivo é recuperar os xacementos galaico-romanos da provincia, concebidos como un importante instrumento de dinamización socioeconómica, cultural e turística das comarcas. O proxecto inclúe dende labores de limpeza, mantemento e excavación ata actividades de promoción, creación de ambientes museo gráficos e rexitro dixital dos xacementos en 3D. 


Para executar este programa a Deputación contratou a 18 peóns de excavación, a 7 arqueólogos e a un coordinador, que xa están traballando no castro de Santa Tegra. Ademáis, a partir do 1 de Febreiro iniciaranse as labores de recuperación do castro de Alobre, en Vilagarcía de Arousa. 


Outros xacementos nos que se intervirá son o Castro de Troña (Ponteareas), Monte do Facho (Cangas), A Lanzada (Sanxenxo), Adro Vello (O Grove), Monte do Castro (Ribadumia), Porta de Arcos (Rodeiro), Castrolandín (Cuntis), A Cabeciña (Oia), A Subidá (Marín), Alto dos Cubos (Tui), Alto da Cruz do Castro (Cotobade), Coto de Altamira (As Neves), Igrexa Vella (Valga), Castro de Penalba (Campo Lameiro), Castro de Pena Redonda (Ponte Caldelas) e Castro de Toiriz (Silleda).


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE