#Claves de la semana

A marcha de Pilar Rojo forza a renovación da Mesa do Parlamento

A presidenta do Parlamento ocupará un asento de deputada no Congreso. Para sustituíla soan nomes como o do actual vicepresidente da Cámara, Miguel Santalices, ou o da deputada Marta Rodríguez Arias


|

O vindeiro luns será o último día de traballo da actual presidenta do Parlamento. Pilar Rojo foi elexida nas eleccións xerais do pasado 20 de decembro para ocupar un asento de deputada no congreso, polo que deberá deixar o seu posto en Galicia.


A súa renuncia faráse efectiva nunha reunión que celebrará a Mesa o vindeiro martes, abrindo un proceso de renovación que previsiblemente culminará no primeiro pleno ordinario do novo período de sesións, previsto para o 26 de Xaneiro. 


O seu sustituto ou sustituta saíra elexido nunha votación secreta en urna, na que todos os deputados establecerán a súa preferencia. Dada a maioría que ostenta o Partido Popular na Cámara galega, o máis probable é que saia elexido o candidato que estes promovan. 


Pero a día de hoxe aínda non está claro cal será o candidato dos populares para presidir o Parlamento Galego. Unha das opcións máis evidentes sería a do actual vicepresidente da Cámara, Miguel Santalices, pero tamén soan nomes como o da deputada popular Marta Rodríguez Arias. 


O voceiro do Partido Popular, Miguel Tellado, pronunciouse onte sobre este asunto pero rexeitou "entrar en elucubracións". Tan só quixo destacar a "magnífica labor" de Rojo nos últimos anos e, en concreto, nesta lexislatura. 




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE