O DESPLANTE REAL

Manuel Fernando González Iglesias

Non me gusta como pintan as cousas. A negativa do Rei para recibir da Presidenta Forcadell a comunicación oficial de que a Generalitat ten un novo President non vaticina bos tempos para as relacións institucionais e desasosiega á xente que queremos diálogo e boas maneiras entre todos, sexa cal for a ideoloxía ou o lugar que ocupen nas responsabilidades públicas.


Posiblemente este luns de xaneiro non sexa o mellor día para que os Borbóns se distraian con asuntos de Estado, mentres se cuestiona a honradez familiar nun xulgado de Palma. Pero un bo Rei ha de superar ese trance e preocuparse máis do de todos que do seu propio.


En resumo, que só lle faltaba á fanática Carmen Forcadell este "desdén público" da monarquía española para cargar de novo a mochila da súa intolerancia e reeditarse como a nova Xoana de Arco da independencia catalá á conta dun tropezos protocolarios da Xefatura do Estado.


Para que vostedes se dean de conta de como están as cousas tamén aquí na "civilizada Catalunya" contarémoslles unha vergoñenta anécdota que onte se produciu na tribuna de prensa do Parlament durante a sesión de investidura. Tres moi coñecidos xornalistas independentistas pasáronse a sesión aplaudindo fervorosamente a os "seus lideres politicos" mentres se mofaban con comentarios xocosos e mesmo ofensivos dos líderes da oposición que interviñan na sesión, ata que un deles deuse deconta de que lles observaban atónitos os seus compañeiros de profesión que, mentres eles o pasaban en grande, gardaban un respectuoso silencio, síntoma evidente de que á tribuna de prensa vén a traballar e non a acirrar aos amigos que logo se converten en fonte de abastecementos de cargos e prebendas financeiras. Pouco máis atrás outro "estómago agradecido", esta vez con moi grandes responsabilidades na ANC, se mofaba pola intervención do socialista Iceta facendo a "gracieta" final, de se, a continuación, o sociata se dispuña a bailar.


Créanme, temos entramos nunha dinámica na que, a pesar de que un cada día que se levante e se recargue as baterías, non se pode ser optimista, e moito menos pechar os ollos ante tanto intolerante, atópese onde se atope e goce dos privilexios que goce, aínda que iso signifique que ao mensaxeiro lle poida custar moi caro.


En resumo: como lles prometemos no noso editorial de onte, seguiremos usando a palabra... Só iso.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE