María do Ceo une Galicia e Portugal no seu último disco

|

A recoñecida fadista de éxito internacional María do Ceo presentou este venres en Santiago o seu último traballo, un disco dobre con 28 cancións titulado 'De Portugal a Galicia'. Fíxoo nun acto celebrado no hotel Araguaney, no que participou o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, o decano da facultade de Ciencias de Comunicación, Xosé Ramón Pousa, o presidente do Consello Editorial de Galiciapress, Antón Alonso e o presentador da TVG Xosé Manuel Piñeiro. 


María do Ceo é de nacemento portuguesa, pero Galicia ten sido sempre a súa terra. Neste novo disco, o duodécimo da súa carreira, o carácter transnacional da súa música queda máis de manifesto que nunca. Con 14 cancións en portugués e outras 14 en galego, María do Ceo "une de novo dúas partes dunha nazón natural separada pola política", como recordou o director de Galiciapress Antón Alonso na presentación.


Na mesma idea incidiu o decano da facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa, que afirmou que neste disco María "une coa súa canción dous mundos tan próximos como lonxanos", recordando que se houbera máis discos como este "a reactivación da industria cultural en Galicia tería moito mellor pronóstico".


DSCF9118O presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, pola súa banda, recoñeceu que levaba moitos anos sendo un "propagandista" da obra de María do Ceo, que rematou de encandilalo nun recital privado ao que asistiu no mes de Xaneiro. Gabou á cantante por ser quén de adaptar ao seu adorado Curros Enríquez e pola súa labor como representante da lingua galega no mundo, afirmando que "o que María do Ceo fai por levar fóra algúns dos nosos mellores poemas é algo que non se pode pagar con diñeiro".


O presentador da TVG, Xosé Manuel Piñeiro, amigo de María do Ceo dende hai moitos anos, agradeceulle á cantante a posibilidade de colaborar neste disco, no que canta con ela 'Quen puidera namorala', asegurando que era un luxo acompañar a "unha das mellores voces deste país".


Pouco lle quedou por decir a María do Ceo despois de tantas verbas amables sobre a súa música. A cantante limitouse a a agradecer o traballo de todos os artistas e colaboradores que fixeron posible este novo disco, antes de pasar a expresarse da mellor forma posible: a través da súa música. 









Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress